
Despois de planificar a investigación, de buscar os datos, analizalos e organizalos, estamos xa en condicións de construír o documento de investigación. Hai que diferenciar claramente entre o documento onde se vai a plasmar polo miúdo todo o noso traballo como investigadores, e o documento de presentación, que nos serve de apoio á comunicación do noso traballo ante unha audiencia.
O documento de investigación posúe habitualmente unhas seccións fixas (resumo, introdución, metodoloxía…), que é conveniente que incluamos tamén no noso traballo, pois achega as vantaxes de que representa un bo adestramento para futuros labores de investigación no nivel universitario e, sobre todo, de que nos conduce polo camiño apropiado para centrarnos nos aspectos máis relevantes de calquera investigación e deixar de lado o superfluo..