Saltar la navegación

7. Elaborar o documento

silueta negra de man con pluma de escribirAínda que acabemos propiamente o labor de planificación, procura, análise e organización dos datos, a investigación mesma non conclúe ata que presentemos os seus resultados. A redacción do traballo é unha fase máis da investigación, e non menos importante que as demais. Pensemos que, aínda que hipoteticamente podamos realizar un espléndido traballo, cheo de innovacións e achegas ao tema que estudamos, todo quedaría en nada si non somos capaces de comunicarllo claramente aos demais, de forma que poidan obter unha idea cabal de todo o que fixemos, de como o fixemos, de onde sacamos os datos e a que conclusións chegamos por medio do noso estudo.