Saltar la navegación

A modalidade de presentación

home ante unha audiencia

Outros condicionantes que se han de ter en conta son os referidos ao material do que dispomos para a nosa presentación. É inútil preparar un documento tipo PowerPoint ou Impress si logo non dispomos de proxector para presentalo en pantalla, ou esta é de mala calidade ou demasiado pequena para ser vista polas persoas máis afastadas dela.

Habemos de valorar, por tanto, con suficiente antelación o material co que contamos para a presentación para poder adaptarnos a esta situación. Si queremos facer unha presentación con diapositivas, veremos si contamos cun proxector adecuado e calibrarémolo para que a proxección apareza correctamente configurada en pantalla, coa mellor definición posible. Atenderemos tamén á colocación da pantalla, para que sexa visible comodamente para o público.

Si a nosa presentación contén tamén material de audio, probaremos este e buscaremos que sexa posible a audición desde calquera lugar da sala, pero coidando tamén que o son non sexa demasiado forte.

Aínda que non é imprescindible, resultaría útil dispor dun punteiro dixital para sinalar aquelas partes do documento proxectado nas que queremos que o público se fixe nun momento concreto.

Comprobaremos tamén o funcionamento do equipo que serve de soporte á presentación (computador, tablet, móbil, etc.) e a súa conexión correcta co proxector.

Como adoita suceder -a famosa lei de Murphy-,  cando algo pode fallar, fallará no momento máis inoportuno. Por iso é conveniente prever calquera mal funcionamento tecnolóxico preparando correctamente o material dispoñible e realizando ensaios in situ para comprobar o seu funcionamento. Unha vez máis, é moi importante coñecer á perfección o tema que imos expor para que no caso de que suceda algún inoportuno desastre poder saír airosos expondo o tema oralmente coa maior soltura.

Aínda que non adoita ser o máis habitual nos centros educativos de hoxe, poida que atopémonos con que temos nula dispoñibilidade tecnolóxica para realizar a nosa presentación. Neste caso, non queda máis remedio que adaptarnos ao contexto e deseñar a nosa presentación de forma tradicional. É interesante neste caso, preparar algún póster, de tamaño suficientemente grande para que poida ser visualizado na sala de presentación, que sinale os apartados máis importantes do noso traballo e que, de forma análoga á presentación dixital, apoie e guíe a nosa presentación oral. De todos os xeitos, nesta situación, o peso da presentación recae en maior medida na performance ou actuación do presentador.