Saltar la navegación

Fiabilidade e validez das fontes en Internet

noray con corda de amarrar barcos no muelle

Con todo, non debemos considerar a Rede como a panacea da información, como un lugar onde o saber está encerrado á espera de ser atopado por nós e presentado ante o público. É certo que se pode existe unha cantidade inxente de información, pero iso non quere dicir que se fácil de usar. Poderiamos aplicar a Internet o devandito de “non son todos os que están, nin están todos os que son”; é dicir, nin todo o que nos aparece alí son datos fiables, nin está necesariamente toda a información referida a un tema concreto.

Como podemos distinguir entón un recurso válido e fiable para o noso traballo doutro que non o é? Non hai unha resposta única e directa a esta cuestión, pero si podemos seguir uns principios que nos guíen na nosa recollida de información na Rede. Sería útil que usases eses principios non só nos teus traballos de información, senón en calquera momento que recibas información deste medio, para que así esteas en condicións de seleccionala e axuizala criticamente.

Eses principios que debemos ter en conta refírense á relevancia da información, a autoría e a exactitude ou precisión da fonte de Internet. Imos ver a que se refire cada unha delas e cales son as cuestións que convén formularnos.