Saltar la navegación

Prácticas

Factores que inflúen nunha presentación

Completa as palabras que faltan:

Son catro os elementos que imos ter en conta para levar a bo porto a nosa comunicación:

  • A á que se dirixe
  • O do que se dispón
  • A de presentación
  • O do documento

Habilitar JavaScript

Cativar a audiencia

Dependendo tamén do tipo de audiencia de que se trata, débense empregar certas técnicas de atracción da atención. Si crees que o tema non vai ser interesante, podes tentar pór de relevo aquelas cousas que ó teu parecer si poderían resultarlles atractivas, e enfocar a presentación como un desenvolvemento destes aspectos singularmente interesantes. Por exemplo, podería gañarse o interese subliñando aquilo que é de utilidade para a vida práctica, ou o que se relaciona coas vivencias do día a día; é dicir, tentar contextualizar o noso traballo no ambiente inmediato no que creemos que se move o público asistente.  Podes, así mesmo, inserir algunha anécdota ou feito significativo que teña lugar durante o desenvolvemento do traballo ou que estea relacionado con el, que sirva como un momento de relaxación entre todo o conxunto de datos que imos enunciar na presentación.  De todos os xeitos, non hai que pasarse nisto, pois non debemos esquecer que se trata dunha presentación dun traballo de investigación.

labirinto

Seguindo co tema do Minotauro desenvolvido nas unidades anteriores, elabora un esquema con diferentes estratexias para manter a atención do público.

O factor tempo

labirinto

Indica algunhas estratexias para axustar a túa presentación ao tempo do que dispós

Modalidade de presentación

labirinto

Elaborade un listado de todo o equipamento que necesitades para a exposición do documento multimedia de presentación. En cada un dos seus puntos sinalade os fallos que poden ocorrer e indica que estratexia seguiriades si así sucedese

Contido da presentación

labirinto

Empregando o mapa conceptual que xa elaboraches nas prácticas da unidade 6 (si non é así aproveita para realizalo agora), constrúe o índice e a estrutura xeral do teu traballo de presentación. Recorda que o factor tempo segue sendo un importante condicionante.

Práctica de presentación

labirinto

Formade un grupo de traballo para realizar ensaios de exposición, de non máis de dez minutos, dunha investigación (vale tamén a referida ao Minotauro), nas seguintes modalidades:

1º Presentación exclusivamente oral, sen apoio multimedia

Cales son os inconvenientes desta modalidade? Anota os problemas concretos que tiveches ao longo da presentación.

2º Presentación exclusivamente multimedia, sen apoio de explicacións orais ou de audio.

Cales son os inconvenientes desta modalidade? Anota tamén os problemas concretos que se presentaron.

Tendo en conta os inconvenientes e problemas de cada modalidade, realizade agora unha presentación oral e multimedia, sempre axustándovos ao tempo dispoñible.