As funcionalidades dos operadores anteriores e outras máis poden conseguirse a través da moi recomendable ferramenta de “Procura avanzada”. Para acceder a ela, realizamos primeiro desde Google unha procura simple, que dará uns resultados que refinaremos coa procura avanzada. Baixo a caixa de procura teremos un menú como o da imaxe:
Con pulsar sobre Configuración e logo Procura avanzada teremos acceso ás distintas posibilidades que nos ofrece esta.
Nos apartados que seguen, pódense apreciar de forma resumida as diversas funcionalidades que nos ofrece este tipo de procura.