Saltar la navegación

Enciclopedias para unha visión xeral

Unha pila de libros

As enciclopedias son un medio ideal como punto de partida para o noso traballo, grazas a dúas características especiais: adoitan ordenar o seu contido alfabeticamente, de forma que podemos ir directamente á entrada correspondente que nos interese, simplemente con ter unha mínima noción do tema; e ofrecen a información máis destacada sobre os termos buscados, ofrecendo normalmente un panorama xeral, fundamental para obter os primeiros datos para iniciar as nosas pescudas.

Recomendámosche un procedemento como o seguinte:

  1. Consulta ao bibliotecario que enciclopedia pode serche útil para o tema que queres desenvolver. As enciclopedias aparecen numeradas no catálogo CDU co número 03.
  2. Busca na enciclopedia os termos xerais que se correspondan co teu traballo para formarche unha idea global do teu tema, apuntando aquelas palabras que se relacionan máis directa e concretamente co que che interesa.
  3. Repite este proceso con algunha enciclopedia máis que teñas ao teu alcance. Podes recorrer tamén, si che parece necesario, á archicoñecida Wikipedia.