Saltar la navegación

Portada ou Título do traballo

portada dun traballo

 

A portada é o cartón de presentación de todo o traballo realizado e a que dará unha primeira impresión ás persoas que van lelo. Convén, por tanto, coidar ao detalle a elaboración da portada, que ademais non ofrece en si mesmos problemas importantes.

A portada debe conter necesariamente o título do traballo. As normas APA de traballo científico internacionalmente recoñecidas, recomenda que estea aliñada na metade da páxina e centrada. O tipo de letra pode ser a partir de 12 puntos ou máis, observando que unha tipografía moi grande resta “profesionalidade” á presentación.

Na parte inferior desta páxina de portada debe incorporarse os datos sobre os autores, que deben ir ordenados alfabeticamente polo primeiro apelido de cada autor, en caso de ser varios.

Tamén adoita incluírse o nome da entidade a quen se entrega o documento, no noso caso equivale á profesora ou profesor que nos encargou a realización do traballo, pero podemos engadir o nome do departamento ao que pertence (Matemáticas, Latín, Educación Física, etc.) ou mesmo engadir o nome da institución educativa ao que pertencemos

Finalmente, incluiremos tamén a data de entrega, de forma que se teña constancia de que o traballo foi entregado dentro dos prazos marcados.