Coñecemento previo
Investigar consiste en recoller información e datos, aprender e descubrir novas cousas, ampliar os horizontes e avanzar os teus coñecementos. É esencial combinar os datos e o novo coñecemento para logralo. A investigación é unha curiosidade formalizada, é furgar e esculcar cun propósito.
A definición do dicionario da RAG é:
- Facer as dilixencias necesarias para descubrir ou aclarar algo
- Traballar nunha rama dá ciencia para tratar de aclarar unha determinada cuestión, descubrir ou inventar algo.
Durante a realización da na investigación accederase a información que outros xa manexaron previamente, pero tentando vela ou tratala de forma diferente a como o fixeron antes.
O punto de partida é a chamada pregunta de investigación, cuxa procura de resposta vai servir de guía para todo o noso percorrido investigador. Posuír unha pregunta de investigación clara e intelixible facilítanos a tarefa, porque nos facer ter en mente un obxectivo claro. Ao longo da investigación pasaremos por diferentes fases e etapas, e para non perdernos nestes diferentes camiños, o fío de Ariadna que nos guía é a resposta á pregunta de investigación. Ao longo deste percorrido, iremos recollendo datos e interpretándoos para dar resposta á pregunta de investigación.
-Trátase dun labor activo, que esixe máis que recompilar ou ordenar datos.
-Non é combinar parágrafos de enciclopedias, Webs, etc. Iso é plaxio
-Non é dicir coas túas palabras o mesmo que dixeron outros, aínda que cites a referencia. Iso é simplemente acumular información allea.
A investigación é ás veces sinónimo de descubrimento, que che fará unha persoa ben informada sobre o tema, capaz mesmo de valorar as opinións dos demais sobre o tema.
O inicio dunha investigación pode ser unha tarefa concreta que che foi encomendada polo teu profesor ou profesora, outras veces ti poderás elixir o tema sobre o que vas traballar; de calquera forma, serache útil coñecer os principios xerais básicos da investigación que debes seguir para desenvolver a túa tarefa con visos de éxito.
O método como un camiño por recorrer
Imos a considerar 5 pasos que levar a cabo no proceso de investigación:
- Atopar un tema (sección 2)
- Reunir información (seccións 3, 4 e 5)
- Analizar e organizar os datos (sección 6)
- Elaborar o documento de investigación (sección 7)
- Citar as fontes (sección 8)
- Presentación e comunicación (sección 9)
Aínda que a investigación implica avanzar por un camiño que pasa por diferentes etapas, o máis habitual é que nos atopemos con algúns problemas e dificultades que nos impiden obter os resultados esperados en cada fase; a maioría das veces isto implica que teñamos que volver sobre os nosos pasos para revisar e reorganizar a nosa ruta. Si ben é certo que cando se conta con máis experiencia, estes pasos atrás son menos frecuentes.
Ao longo desta unidade introdutoria, imos presentar un panorama xeral das etapas da investigación, que logo serán tratadas en detalle e con exemplos máis concretos en unidades posteriores.