Saltar la navegación

9. A presentación e comunicación

muller ante unha audiencia

 

 

 Unha vez que redactamos xa o traballo de investigación coas seccións que se indicaron, chega o momento de presentalo ante unha determinada audiencia. A nosa tarefa seguinte vai consistir, por tanto, en dar forma e contido a un documento que nos sirva para mostrar o noso traballo a unha determinada audiencia. Son catro os elementos que imos ter en conta para levar a bo porto a nosa comunicación:

  • A audiencia á que se dirixe
  • O tempo do que se dispón
  • A modalidade de presentación
  • O contido do documento