Trátase de revistas de nivel normalmente universitario especializadas en aspectos concretos de cada disciplina científica. Mentres que este tipo de revistas son unha fonte moi importante e frecuente para os traballos de investigación universitarios, empréganse pouco nos niveis de educación secundaria e bacharelato, precisamente por ese carácter tan especializado afastado do espírito dunha educación máis xeralista destes niveis. Ofrecemos aquí unicamente a forma básica de cita e remitimos á bibliografía recomendada si fose necesario coñecer algunha peculiaridade concreta.
A forma básica de cita segue este modelo:
Torres, M. J. (2018). Capacidade punitiva nas ONG internacionais. Revista de Dereito Comparado, 16(2), 135-156.
O número 16 representa o volume, o número entre paréntese refírese ao volume (cando posúe diferentes volumes), e o intervalo numérico final son as páxinas inicial e final do artigo citado. En caso de ser obtido en Internet, séguese o explicado no apartado de libros.
Lembra: se se cita a versión electrónica do documento, hai que engadir ao final "Recuperado de" e a dirección Web onde se atopa o documento; ou ben, o DOI.