Saltar la navegación

Prácticas

Proposta de investigación

labirinto

 

Realiza unha breve investigación sobre o tema do Minotauro e a súa influencia nas artes. 

Analiza e agrupa os datos, tabulándoos como explicamos anteriormente. Podes usar algunha das táboas propostas ou crear ti mesmo a que consideres máis apropiada.

Tipos de relacións entre datos

Completa os ocos:

Unha forma de interpretar os datos consiste en destacar as relacións que se desprendan das táboas que realizamos. Iso é precisamente una das vantaxes que achegan as táboas, a oportunidade que nos brindan de observar (dunha ollada) o conxunto de datos e así percibir máis facilmente as súas . Non podemos dar unha norma xeral sobre as relacións que poden aparecer nunha investigación; pero son frecuentes as relacións , cando os datos dan información que revelan que uns son consecuencia ou síntoma doutros; : obsérvanse similitudes entre distintos datos, ou diferenzas concretas; : os feitos acontecen por relacións de tempo; uns a continuación ou precedendo a outros; e en xeral calquera tipo de que podamos servir para presentar os datos de forma relacional.

Habilitar JavaScript

Avantaxes da tabulación de datos

labirinto

 

A tabulación dos datos constitúe unha base excelente para construír un mapa conceptual do tema de investigación, que serve tamén para engadirse tanto ao documento de traballo como ao de presentación. Ata tamén é útil para construír un índice inicial do traballo de redacción. Baseándoche nas táboas que elaboraches, intenta producir un índice do teu traballo ou ben un mapa conceptual (ou ambos).

 

Aquí vai un exemplo de índice

  1. O Minotauro na Antigüidade clásica
    1. Escultura
    2. Pintura
    3. Cine
  2. O Minotauro no Medievo
    1. Escultura
    2. ...