É absolutamente necesario evitar o plaxio, a copia do traballo doutros sen citar a fonte. O plaxio supón un gravísimo defecto en calquera campo do coñecemento humano e no nivel escolar adoita implicar penalizacións importantes na valoración do traballo. Para evitar calquera risco de caer nel, convén coñecer algún sistema de citación e recoñecemento de fontes, que iriamos aplicando ao longo das fases do traballo. No que respecta a esta fase 6, trátase de recompilar as fontes, citalas correctamente e construír o apartado chamado de referencias, ás veces chamado tamén bibliografía.