Saltar la navegación

Relevancia

ordenador portátil suspendido no aire

Moitas páxinas ou documentos que nos podamos atopar na Web non están pensadas para que se empreguen como fonte de información para estudantes; pode ser que as crearon empresas que desexen promover a venda dun produto, asociacións ou institucións que teñan un particular interese ou punto de vista sobre un tema, ou persoas individuais cos seus propios obxectivos. En principio, isto non ten que ser negativo necesariamente, pero expón o problema de que a información que presentan pode non ser obxectiva, que non se cinga aos feitos ou que se poñan de relevo aspectos que resulten de interese a esas persoas ou grupos, ocultando outros que non lles interesen. Por tanto, o primeiro criterio para axuizar a información derivada dun sitio Web é preguntarnos sobre a súa relevancia, concretamente poderiamos formular as preguntas do seguinte modo:

Trátase dun sitio educativo ou de entretemento?

Trátase de sitio informativo ou ten algún interese comercial?

Se se trata de sitios de entretemento ou con intereses comerciais deberiamos pensar que non é a fonte ideal informativa para o noso traballo, xa que os datos poden estar contaminados por intereses ou particulares, falseados ou presentados sesgadamente.