Fíxate nas suxestións que ofrecemos no caso práctico anterior:
Normalmente, transformar un tema en pregunta só implica empregar os interrogantes habituais:
Que ou cal...? Como...? Cando...? Por que...? Facéndoo así, centramos o tema e sabemos con moita maior claridade que debe conter a nosa investigación, que será, nin máis nin menos, que unha resposta a esa pregunta. Por exemplo, dun tema como a peste negra, poderiamos formularnos:
- Que é a peste negra?
- Como se desenvolveu?
- Cando?
- Por que?
Transformar o tema en preguntas tamén nos axuda a definir o alcance do noso traballo de forma que vexamos con maior claridade que cuestións podemos incluír no noso traballo, e cales podemos desestimar.
Realiza unha breve revisión deste tema, e responde:
Crees que un traballo centrado exclusivamente sobre a primeira pregunta de investigación ofréceche un alcance adecuado?
Sería o mesmo respecto da segunda pregunta de investigación?
Cal das dúas preguntas consideras mais adecuada para emprender un traballo de investigación escolar? Por que?