Segundo as normas APA, que nós seguimos neste apartado, como dixemos máis arriba, as citas van inseridas no corpo principal do texto (salvo excepcións moi puntuais, non se empregan as notas ao pé de páxina), indicando entre parénteses o autor do que obtemos a cita e o ano que consta na fonte que dispomos. Veremos agora os casos concretos que poden aparecer, e que nos servirán de guía de consulta para o momento en que debamos empregala, que -repetimos unha vez máis- debería ser no mesmo momento de comezar a redacción do estudo. Non hai nada máis deprimente que posuír unha cita que confirma os nosos pensamentos e logo non saber quen a dixo ou onde.
Investigando desde a biblioteca en rede
As citas
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento Compartir igual 4.0