Saltar la navegación

Prácticas

Finalidade da procura inicial

Indica se é verdadeira ou falsa a seguinte afirmación:

Pregunta 1

A función desta fase de procura inicial non é contestar a ningunha das nosas preguntas de investigación, non se trata de achegar aínda datos sobre o tema; o que pretendemos é saber onde se atopan os datos e as informacións que poden axudarnos a responder a esas preguntas.

Sugerencia

O proceso de procura de datos forma como unha espiral, primeiro achegámonos os conceptos xerais que enmarcan o conxunto da investigación, para ir de cada vez máis polo miudo ata chegar a datos referidos a aspectos concretos e particulares da investigación. 

estratexias de procura

Indica se estás ou non de acordo coas seguintes afirmacións e por que.

Pregunta 1

Unha forma adecuada de empezar a procura de información é preguntarlle a un buscador da internet tipo Google

Sugerencia

Que hai das estratexias de procura?

Pregunta 2

Nunha investigación, a fonte  máis importante de información e Internet

Sugerencia

Fíxate nos múltiples tipos de investigacións que se poden realizar, dende experimentos cos ratos, análise de textos conservados en mosteiros, etc.

Pregunta 3

Unha forma moi produtiva de afrontar a procura de información é comprobar se podemos acceder a persoas expertas que poidan guiarnos na nosa procura, ofrecéndonos pistas, por exemplo, sobre libros que conteñen información importante sobre o noso tema.

Sugerencia

Imaxina persoas que coñeces que podan axudarte no teu traballo.

Pregunta 4

A biblioteca de centro pode axudarme a atopar información no caso de que posúa o material que me interesa. Para evitar molestias, é bo botar unha primeira ollada polos estantes que me interesan, para ver se posúen algo sobre o meu tema.

Sugerencia

Os libros que temos á vista poden non representar o catálogo completo.

Pregunta 5

As enciclopedias, tanto as dixitais como as impresas, non poden utilizarse nun traballo de investigación serio, pois os datos que conteñen son tan xerais que non achegan nada interesante.

Sugerencia

Fíxate que un traballo de investigación ten moitas fases, e os datos novedosos ou descubrimentos as veces atópanse buscando polo camiño axeitado

Actividade cooperativa

Formando grupo con tres ou catro compañeiros, elixide un tema de investigación (preguntade ao voso profesor ou profesora se non se vos ocorre ningún. Cada un de vós consultará varias enciclopedias para construír un vocabulario xeral sobre o tema.

Comparade os resultados.

  • Coinciden os termos que usastes todos?
  • Saberiades explicar o por que?

Intentade construír coa suma do vocabulario de procura de todos os membros un mapa conceptual ordenado.

  • Podería servir este mapa como guía para a investigación?