O noso traballo de investigación polo menos debe tentar ir un pouco máis aló de reproducir e agrupar os datos ordenados e buscar algunha forma de orixinalidade, de contribuír con algo propio, froito do noso esforzo e non do traballo do demais. Obviamente, isto non quere dicir que necesariamente debamos descubrir algo novo, ou acheguemos datos nunca vistos, senón simplemente que ofrezamos nosa propia interpretación dos datos obtidos.
Unha forma de interpretar os datos consiste en destacar as relacións que se desprendan das táboas que realizamos. Iso é precisamente una das vantaxes que achegan as táboas, a oportunidade que nos brindan de observar sinopticamente (dunha ollada) o conxunto de datos e así percibir máis facilmente as súas relacións. Non podemos dar unha norma xeral sobre as relacións que poden aparecer nunha investigación; pero son frecuentes as relacións Causa-efecto, cando os datos dan información que revelan que uns son consecuencia ou síntoma doutros; contraste: obsérvanse similitudes entre distintos datos, ou diferenzas concretas; sucesión: os feitos acontecen por relacións de tempo; uns a continuación ou precedendo a outros; e en xeral calquera tipo de patrón que podamos servir para presentar os datos de forma relacional.
Debemos evitar, por tanto, presentar os datos de forma simplemente sumativa; é dicir, uns a continuación doutros, sen ningún tipo de criterio lóxico que podamos desenvolver logo cando teñamos que presentar o noso traballo ante os demais.