Trátase da cita máis frecuente e consiste en expor coas nosas propias palabras o que di o autor que estamos a citar.
a) Inserindo a idea directamente no texto e citando o autor e ano inmediatamente entre paréntese:
EXEMPLO
Neste momento, si algo sucede a un electrón, transmítese inmediatamente ao outro porque as súas funcións de onda están conectadas por un fío invisible. Así, as cousas que nos afecten poden ter repercusións noutros sitios do universo porque hai un entrelazamento que conecta as nosas funcións de onda cos seus confíns afastados (Kaku, 2009). Cando as partículas teñen esta relación, dise que están entrelazadas mecanocuánticamente, o concepto de que partículas teñen unha conexión profunda que as vincula.
b) Citando ao autor directamente no corpo do texto, co ano entre paréntese:
EXEMPLO
Neste momento, si algo sucede a un electrón, transmítese inmediatamente ao outro porque as súas funcións de onda están conectadas por un fío invisible. Segundo afirma Kaku (2009) así, as cousas que nos afecten poden ter repercusións noutros sitios do universo porque hai un entrelazamento que conecta as nosas funcións de onda cos seus confíns afastados Cando as partículas teñen esta relación, dise que están entrelazadas mecanocuánticamente, o concepto de que partículas teñen unha conexión profunda que as vincula.