Para obter os datos dun libro do que dispomos, podemos revisar as súas primeiras páxinas previas ao contido propiamente dito. Alí atoparemos o que necesitamos para citalo e referencialo, como son o seu título, os nomes dos/as autores/as, a editorial, data e lugar de edición. Con estes datos, podemos construír a forma básica dunha referencia:
EXEMPLO:
Penalver, J. L. (2005). A diferenciación sólido-líquido nos catasterismos. Oviedo: Edicións Universitarias.
Atención: lembra que o título do libro ponse en letra cursiva.
A abreviatura “(Ed.)” segue á inicial do nome no caso de que sexa un editor e non un autor quen figura na referencia.
EXEMPLO:
Penalver, J. L. (Ed.) (2005). A diferenciación sólido-líquido nos catasterismos. Oviedo: Edicións Universitarias.
Si manexamos a versión electrónica do libro, algo frecuente nesta idade de Internet, engadimos ao final da cita “Recuperado de” e a dirección Web onde se conseguiu. Sempre e cando coñezamos o DOI (digital object identificator) non é necesario incluír "Recuperado de" e a dirección Web.
EXEMPLOS:
Penalver, J. L. (Ed.) (2005). A diferenciación sólido-líquido nos catasterismos. Oviedo: Edicións Universitarias. Recuperado de http://ovieu.edu/materiais/penalver2005.pdf
Penalver, J. L. (Ed.) (2005). A diferenciación sólido-líquido nos catasterismos. Oviedo: Edicións Universitarias. DOI:10.29057.
Se se trata dun libro cuxos capítulos os escribiron diferentes autores, cítase primeiro o nome do autor do capítulo, da seguinte forma:
EXEMPLO:
Campillo, R. (2005). Asteroides e pseudoasteroides no cinto de Saturno. En Penalver, J. L. (Ed.). A diferenciación sólido-líquido nos catasterismos (pp. 15-22). Oviedo: Edicións Universitarias. Recuperado de http://ovieu.edu/materiais/penalver2005.pdf.