Saltar la navegación

Buscadores e motores de procura

home con prismáticos

 

 

Cando se trata de buscar información na Web, a ferramenta comunmente usada son os chamados buscadores, como os populares Firefox, Chrome, Opera, Internet Explorer ou Safari.  Con todo, non son estes programas, que deben estar aloxados no noso equipo para poder funcionar, os que realmente realizan as procuras, senón que iso é a tarefa doutras aplicacións chamadas motores de procura. A diferenza entre buscadores e motores de procura é importante, porque os resultados que obteñamos da Web dependen do motor de procura empregado e non do buscador. É dicir, podemos facer unha procura con diferentes buscadores, pero os resultados serán moi similares si non empregamos motores de procura diferentes.

Existen moitos motores de procura, como os coñecidos Google ou Yahoo, que, sobre todo o primeiro, son os que máis utilizaremos, pero tamén a Wikipedia posúe o seu propio motor de procura, así como Google posúe un motor especializado no mundo universitario (Google Scholar ou Académico). Especialmente recomendable para traballos do campo científico é o buscador Wolphram Alfa, e mesmo poderiamos incluír os chamados metabuscadores, que non se limitan a un só motor de procura, senón que buscan nos resultados ofrecidos por múltiples motores de procura (metacrawler, por exemplo).