Saltar la navegación

Particularidades

É moi importante coñecer como se cita, cando nos atopamos coas seguintes particularidades:

1. Se se trata de dous autores:  o primeiro apelido de ambos únese mediante un “e”.

EXEMPLO

Rosenblum e Kuttner (2010) / (Rosenblum e Kuttner, 2010).

 

2. Se se trata de tres, catro ou cinco autores, indícanse os apelidos de todos a primeira vez que aparecen nunha cita; nas seguintes indícase soamente o apelido do primeiro seguido de et al. (= et alii, e demais).

EXEMPLOS

Reimers, Mckemmish, McKenzie & Mark (2009) asegura que se puido evidenciar en varios experimentos (…). Reimers et al. (2009) refire que é importante (…)

Púidose evidenciar esa circunstancia en varios experimentos (Reimers, Mckemmish, Mckenzie & Mark, 2009). (…) Con todo, non se expoñen outros camiños posibles (Reimers et al., 2009).

 

3.Se son 6 ou máis autores inclúese o apelido do primeiro seguido de et al. xa desde a primeira vez que aparece a súa cita.

EXEMPLOS

Hameroff et al. (2006) afirma que os microtúbulos

-(…) A coherencia cuántica produciría a consciencia (Hameroff et al., 2006).

 

4. Se o autor é unha institución ou corporación en vez do apelido inclúese o nome da institución ou corporación.

EXEMPLOS

ONU (2010) afirma (…)

(…) os desprazados (ONU, 2010)

 

5. Si o autor é anónimo, úsase “Anónimo” coma se fose o apelido e mantéñense todas as demais regras.