Saltar la navegación

A audiencia

silueta de multitudeNon é o mesmo, por exemplo, presentar o noso traballo ante os nosos compañeiros de clase, ante un profesor, ou ante o conxunto enteiro de alumnos dun colexio.  Cada caso concreto de audiencia esixe unha actuación acorde coas súas características principais. En xeral e no caso de traballos escolares, a nosa audiencia probablemente estará composta dos nosos propios compañeiros e do docente que nos encomendou a tarefa de investigación, pero de non ser así, debemos coñecer algunhas regras básicas que nos dean certas garantías de éxito cando chegue o momento de saír a contar o noso traballo a un público determinado.

En primeiro lugar, é importante determinar o número aproximado de persoas que van asistir. Debes asegurarte de que a túa voz vai chegar a todas as persoas presentes, que as imaxes ou documentos multimedia -no caso de proxeccións- poidan ser facilmente observables e que haxa cabida suficiente para as persoas que van asistir. A preparación do lugar sempre é importante, pero máis aínda cando se trata dunha presentación cunha nutrida asistencia de público.

Hai que facer o esforzo por coñecer no posible as características xerais deste público. Por exemplo, para deducir o nivel de coñecemento que poidan ter sobre o tema que imos tratar. Si a audiencia é de persoas que sospeitamos que coñecen xa en termos xerais o tema do que tratamos, non debemos incidir demasiado neses aspectos, senón máis ben en centrarnos na nosa propia visión do tema e a maneira particular en que a enfocamos; é dicir, destacaremos preferentemente a orixinalidade da nosa formulación e os resultados que obtivemos fronte a outros aspectos introdutorios e elementais do noso traballo.

Pola contra, si creemos que o público carece de base sobre o tema, faremos fincapé nos seus aspectos fundamentais, para que poidan seguir a nosa exposición sen perderse en detalles menos importantes, e estean en condicións de valorar os méritos da nosa investigación, mesmo nun campo que non dominan.

Dependendo tamén do tipo de audiencia de que se trata, débense empregar certas técnicas de atracción da atención. Si crees que o tema non vai ser interesante, podes tentar pór de relevo aquelas cousas que ó teu parecer si poderían resultarlles atractivas, e enfocar a presentación como un desenvolvemento destes aspectos singularmente interesantes. Por exemplo, podería gañarse o interese subliñando aquilo que é de utilidade para a vida práctica, ou o que se relaciona coas vivencias do día a día; é dicir, tentar contextualizar o noso traballo no ambiente inmediato no que creemos que se move o público asistente.  Podes, así mesmo, inserir algunha anécdota ou feito significativo que teña lugar durante o desenvolvemento do traballo ou que estea relacionado con el, que sirva como un momento de relaxación entre todo o conxunto de datos que imos enunciar na presentación.  De todos os xeitos, non hai que pasarse nisto, pois non debemos esquecer que se trata dunha presentación dun traballo de investigación.