Saltar navegación

A literatura polo camiño dos cantares

 

A literatura polo camiño dos cantares

follas secas no chan 

  Os versos, como as follas

que caen das árbores,

viaxan a cabalo do vento

espallando sentimentos

vestidos de palabras.


Antonio García Teijeiro, Cando caen as follas, 2006.

Para saberes máis sobre Antonio García Teijeiro

Que imos facer?

Neste ODE (Obxecto Dixital Educativo) traballaremos tres elementos fundamentais da literatura:

    • A poesía, os recursos estilísticos e os cantares populares
    • A narrativa (sobre todo o conto oral) e o cómic.
    • As representacións teatrais.

E, ademais, xunto cos teus compañeiros e compañeiras, daraslle vida á cultura na aula. 

Anímaste?