A literatura polo camiño dos cantares
1.12- Canto aprendiches? Rúbrica de autoavaliación
Rúbrica de autoavaliación do punto 1: Poemas e cantares galegos.
|
sobresaliente |
notable |
ben |
suficiente |
insuficiente |
Curricular |
1-Comprendo os conceptos traballados e son quen de expresalos con detalle, de xeito ordenado e comprensible: -Diferenza entre poema e cantar. -Que din os poemas. -Quen fala nos poemas. -Como se miden os poemas. -Determinar a estrutura estrófica dos poemas.
2-Resolvo correctamente os exercicios propostos. |
1-Comprendo os conceptos, mais non son quen de expresalos con detalle, de xeito ordenado e comprensible: -Diferenza entre poema e cantar. -Que din os poemas. -Quen fala nos poemas. -Como se miden os poemas. -Determinar a estrutura estrófica dos poemas.
2-Resolvo correctamente a maioría de exercicios propostos.
|
1-Comprendo a maior parte dos conceptos, mais cústame expresalos con detalle, de xeito ordenado e comprensible: -Diferenza entre poema e cantar. -Que din os poemas. -Quen fala nos poemas. -Como se miden os poemas. -Determinar a estrutura estrófica dos poemas.
2-Cústame realizar os exercicios propostos. |
1-Comprendo os conceptos principais traballando, mais non son quen de realizar os exercicios propostos de xeito autónomo. |
1-Non domino os conceptos nin son quen de realizar os exercicios propostos. |
TIC |
1-Utilizo os recursos e as ferramentas web sen dificultade pola rede.
2-Teño un dominio moi elevado das ferramentas TIC e dos procesos necesarios para a realización da actividade. |
1- Utilizo os recursos e as ferramentas web sen dificultade pola rede, mais en determinados casos cústame facelo adecuadamente
2-Teño un dominio alto das TIC e dos procesos que me permiten a realización das actividades. |
1- Utilizo os recursos e as ferramentas web, mais en determinados casos non sei empregalos correctamente
2-O meu dominio das ferramentas TIC e dos procesos asociados a esta actividade é medio, pero suficiente para a súa realización. |
1- Utilizo os recursos e as ferramentas web con certa dificultade e con formas non moi adecuadas.
2-Teño dificultades para usar correctamente as ferramentas TIC e os seus procesos para a realización das actividades. |
1-Cústame moito utilizar os recursos e as ferramentas web e non sei empregalos.
2-Non teño o dominio suficiente para usar as ferramentas TIC, nin coñezo ben os procesos que me permiten traballar as actividades. |
Traballo creativo |
1-Mostro moito interese pola creación de textos literarios propios. 2-Implícome en todas as actividades propostas, que se concretan en resultados de gran calidade.
|
1-Mostro interese pola creación de textos literarios propios.
2-Implícome en todas as actividades propostas, que se concretan en resultados de calidade.
|
1-Mostro interese pola creación de textos literarios propios.
2-Implícome nas actividades propostas e fágoas todas, aínda que os resultados sexan susceptibles de mellorar. |
1-Non mostro moito interese pola creación de textos literarios propios.
2-Non me implico nas actividades, o que se traduce en resultados de pouca calidade.
|
1-Non mostro interese pola creación de textos literarios propios.
2-Non me implico nas actividades, nin as realizo todas. |
Traballo colaborativo |
1-Asumo o meu papel sen interferir no traballo dos demais e aporto ideas ao grupo. 2-Implícome moito na posta en común (cantar, intepretar…).
|
1-Asumo o meu papel, mais ás veces tendo a interferir no traballo dos demais e aporto ideas ao grupo. 2-Implícome na posta en común (cantar, intepretar…).
|
1-Asumo o meu papel, mais tendo a interferir no traballo dos demais e aporto ideas ao grupo. 2-Ás veces implícome moito na posta en común (cantar, intepretar…).
|
1-Asumo o meu papel interferindo no traballo dos demais e non aporto ideas ao grupo. 2-Implícome pouco na posta en común (cantar, intepretar…).
|
1-Non asumo o meu papel e/ou interfiro no traballo dos demais sen aportar ideas ao grupo. 2- Non me implico na posta en común (cantar, intepretar…).
|