Saltar navegación

A literatura polo camiño dos cantares

1.11- Pobo meu, pois que cantas...

1.11.1- Cantigas, cantares ou cantarelas

Gravado dun gaiteiro

A gaita quer gaiteiro

 

Son moitas as fontes que podes empregar para localizar cantares.

A clásica é a transmisión xeracional. Teus pais, avós ou veciños poden ser boa fonte de información.

Entre a bibliografía que podes consultar seleccionamos a seguinte:

Cabanillas, R.: Antífona da cantiga, Galaxia, 1951.

Casal Lois, J.: Colección de Cantares Gallegos, Consello da Cultura Galega. Dispoñible tamén en: consellodacultura.gal, Coleccion de Cantares Gallegos

www.museodopobo.gal, Cancioneiro

www.ogalego.eu, exercicios de lingua, cantigas

Ademais, a seguir podes ler algunhas:

Actividades de quecemento

Antes de cantar ou interpretar un texto é interesante desentumecer os músculos que interveñen na fonación facendo exercicios de entoación, articulación e pronuncia. Velaquí algunhas suxerencias:

-Inspirar e expirar subindo a intensidade durante un minuto.

-Simular apagar unha vela situada a 10 cm, despois a un metro de distancia.

- Respirar coma se se estivese ulindo unha flor, despois, coma se te acabasen de asustar.

-Pasar a lingua por toda a cavidade bucal: meixela, padal, exterior e interior dos dentes.

-Simular coa boca que se mastiga un bocadillo e que se van tragando os bocados.

-Gargarexar, bocexar, imitar sons (un paxaro, unha ambulancia…).

-Repite, cada vez máis rápido, os seguintes textos: 

Din-dan.

Quen morreu?

Morreu Xan.

Quen lle toca?

Seu irmán.

Quen lle chora?

Súa avoa

Como din?

Din-dan. 

Hoxe luns, mañá é martes,

cuarta feira logo vén

de mañá en oito días

é a semana que vén.

Eu namorar, eu namorar, eu namoreime,
eu namoreime na beira do mar,
enguedellar, enguedellar, enguedelleime,
eguedelleime na beira do mar.

 Eu namoreime dunha rapaciña,
xa non me puiden desenamorar.

 Eu namorar, eu namorar, eu namoreime,
eu namoreime na beira do mar,
enguedellar, enguedellar, enguedelleime,
eguedelleime na beira do mar.

 Enguedelleime dunha rapaciña,
xa non me puiden desenguedellar.

Eu non vexo.

Ti non ves

unha folla

con dous pés

que caera

dunha ponla

e falaba

cun inglés

e voaba

coas nubes

e bailaba

cun cempés

e chiaba

cos paxaros

en galego

e en francés

e brincaba

rebuldeira

ó dereito

e ó revés.

(Fragmento dun poema de 

García Teijeiro, Antonio: Cando caen as follas. Everest. 2006)

De amores e desamores:

ramo de rosas

Un anelo me deu Xan,

un anelo me deu Pedro,

¿cómo hei de traballar

con dous anelos no dedo?

Cando as pedras den gritos

e o sol deixe de andar,

e a man non teña auga

heime de ti apartar.

Anque me vou, non me vou

anque me vou, non me ausento

anque me vou de palabra

non me vou de pensamento.

A túa color se volva

da cinta do meu sombreiro,

que tan pronto me esqueciche

por ser teu amor primeiro.

A túa color se volva

da cinta do meu sombreiro,

que tan pronto me esqueciche

por ser teu amor primeiro.

Dáme, Maruxa, un bico pequeno.

Non  cho dou, Farruquiño, 

téñoche medo, xa non te quero.

Dáme por Dios, Maruxiña, un bico pequeno.

De casamentos:

cadeados nun valo

Eu caseime no agosto;

miña sogra non ten pan.

Se non o ten por agosto,

que fará por San Xoán.

Eu caseime por un ano

por saber que vida era;

o ano vaise acabando,

solteiriña quen me dera!

Eu casei e viudei,

todo foi no mes de maio;

que fertuna foi a miña

ter dúas festas no ano!

Se te casas en Ourense,

pídelle a proba primeiro,

a cacholiña do porco,

e o bon viño do Ribeiro.


Eu caseime no Araño

coa filla dun arañón;

ela moi rica non era,

probe si, honrada non.

Non te cases cun ferreiro, quiquiriqui,

que che é malo de lavar, cacaracá,

cásate cun mariñeiro, quiquiriqui,

que che vén lavado da mar, cacaracá.

e o quiquiriqui e o cacaraca,

e a vaca marela e o leite que dá.


De oficios (costureiras e xastres)

costureira

A agulliña vai cosendo,

bota por ela dedal,

rematarei a costura

para gañar un real.

Toda a miña vida andiven

tras dunha costureiriña,

agora quedei sen ela

como unha agulla sin liña.

Ai, que calle pedreada

con agullas de coser;

que saian as costureiras

que as queremos pretender.

Costureiriña melindrosa

di que non come touciño

e comeu un porco enteiro

dende o rabo até o fuciño.

As costureiras de agora

foron feitas a sisel,

son amiguiñas dos mozos

como as abellas da mel.

Traime lume, traime lume,

traime lume, costureira,

traime lume, traime lume

na puntiña da tixeira. 

***

Mellor quero ser pereira

e dar peras e reperas,

que non ser muller dun xastre

que non ten senón guedellas.

Costureiriña bonita

a palacio foi coser

e na primeira escaleira

xa lle deron que facer.

***

Vale máis un probe xastre

cunhas cirolas de estopa

que non rico carpinteiro

que todo o que gaña emboca.

De oficios (varios):

obreiro traballando

Non te namores meniña

de palabras de pedreiro,

collen os picos e vanse

recachando o candieiro.

***

Unha noite no muiño,

unha noite non é nada.

Unha semaniña enteira

eso si que é muiñada.

Os curas e os taberneiros

teñen moito parecido

os curas bautizan nenos

e os taberneiros o viño.

Voume por aquí abaixo,

voume por aquí arriba,

fiando na miña roca,

gobernando a miña vida.

San Xoán quere facer casa

é pobre e non ten diñeiro,

facede casa San Xoán

que eu serei voso canteiro.

Se ti viras o que eu vin
alá arriba en Monterroso;
vintecinco xastres xuntos,
a cabalo dun raposo

Varios:

!Ai! o serán desta aldea
Faise no medio da rúa,
A noite que a el non vou
Non me canta sol nin lúa.

O carballo da Portela

ten a folla revirada

que lla revirou o vento

unha mañá de xiada.

foto limóns

Estas si que son follas de limón

comer e beber e traballar non,

e traballar non, e traballar non,

estas si que son follas de limón.

Véndeme os bois e véndeme as vacas,

non me vendas a cunca das papas,

véndema cunca e mais o cunqueiro,

non me vendas a paz do gaiteiro.

Miña nai e maila túa

quedan no río berrando

por culpa dunha galiña

que ten amores co galo

Variados:

muller traballando na cociña Son horiñas da merenda,
Son horas de merendar,
Son horiñas da meranda,
Aínda non vén o xantar.

Para cantar e bailar,

as mociñas de Valdeorras;

para cantar e bailar

son as millores de todas.

***

Pasei pola tua porta

vinte á sombra dun carballo;

logo concocín que eras

home de pouco traballo.

Agora que sae sae,
Agora que vai sair,
Agora que sae sae,
A primavera de abril.

***

Eu cantar, cantaba ben,

gracia, xa non teño moita;

quédame no lavadoiro

cando vou lavar a roupa.