Saltar navegación

A literatura polo camiño dos cantares

2.4- Exercicios globais de autoavaliación

 

moucho de tela con lapiceiro

1

Nos seguintes fragmentos poéticos de Avilés de Taramancos (de “Cántico a arbre”, O tempo no espello) sinala o nome dos recursos estilísticos resaltados.

¿Quen avisou a tódolos paxaros?

Do sur como unha ráfaga amarela (comparación e )

chegou o ouriol cun asubío:

Benvido viaxeiro tenaz, lóstrego ou claridade

das gándaras de cal e limoeiro!

 

Brinca no ar o gozo transparente,

digo alabastro ou ágato ou orballo:

Imos plantar unha cerdeira nova

de vermello interior vitrificado,

unha árbore absoluta no infinito

onde se pouse o vendaval tranquilo:

e a águia enfurruñada se estremeza:

vibrátil e curiosa como un raio.

 

Unha cerdeira é un navío inquedo:

que parte na mañá

e loita, e vence,

e síntese apretado polo vento,

e trae a luz sumisa, acribillada

estendida na xacia vitoriosa.

Nos seguintes versos da estrofa anterior, que recurso destaca?

Habilitar JavaScript

2

Nos seguintes fragmentos poéticos (de M. Antonio e Rosalía de Castro) sinala o nome dos recursos estilísticos resaltados.

O Sol era un paxaro triste ademais de personificación.
que se pousaba n' o penol

 

En todo estás e ti es todo

pra min e en min mesma moras,

nin me abandonarás nunca,

sombra que sempre me asombras

 

Tes, en cambio, orfos e orfas

e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non ten pais.

E tes corazóns que sofren ademais de paralelismo.

 

Choran os xustos e gozan os culpables

 

Coa boca aberta

-caille a baba-

está mirándonos o babión do sol.

Habilitar JavaScript

3

Indica o referente das seguintes imaxes:

Loceiros degolados
desangranse de ouro n' o Mar

De par de nós
a Lua
fai ronseles infecundos

E o pano branco d' o novo día
enxogará os ollos d' o ceo.

 

Habilitar JavaScript

4

Identifica os recursos estilísticos dos seguintes versos:

Frautas douradas antre os carballos,

doces sons que o río lonxe leva”

(Eduardo Moreiras).

 

“Mira, estate quedo, Rouco.

Rouco, non me fagas mal”

(E. Pondal).

 

Aturula a curuxa e canta o cuco

Uxío Novoneyra.

 

Galicia, decimos todos, Galicia

(U. Novoneyra).

 

"Eu que non son e son

(Antón Tovar)

 

Ah gata divina!

ollos de ágata para ollar o Danuio”

(Luz Pozo Garza)

 

Irmán Daniel

Na praia de Rianxo caían

como bágoas as estrelas.

(R. Cabanillas)

 

non lixios, non servos

(E. Pondal)

 

Miña Patria

“Eu son o teu soldado máis forte.

a túa lingua é a miña espada

(Avilés de Taramancos)

Habilitar JavaScript

5

No seguinte poema, localiza o maior número posible de recursos da forma e de recursos do contido. (Exercicio nº 4 da táboa de actividades)

“AI, CAPITÁN”

¿Chorar, chorar, mentres o barco rompe

contra o solpor, na noite!

A túa pipa non verán meus ollos

fomegar máis;

nin o teu riso, para sempre inmenso

abrente na mar.

Lume che din, cinza me queda. ¡Cinza,

capitán!

Soia a sirea do teu barco

toda a eternidá.

Fume nos ollos, area fría

nas miñas maus.

E en boca que perdín, a lagoa pipa

fumando a miña vida, capitán.

¡Chorar, chorar,

como sempre choraron as mulleres,

ai capitán, con barcos ou sen eles!

 Xosé María Díaz Castro, Nimbos, 1961.

Recursos da forma:

Recursos do contido:

6- Exercicio de creatividade

Este poema describe unha aldea atrapada pola neve. Transfórmao: cambia cada palabra que teña relación cun contexto rural por outra dun entorno urbano. Non importa que cambie o sentido do poema. Exercicio nº 5 da táboa de actividades.

 Agonía branca

A nevada perdura;

os camiños morren nos neveiros,

que xa teñen altura

máis medrada que os altos palleiros;

nas cortes e as casas,

días e día e días a pena represa;

aínda quentan as brasas,

gran e fariña xa faltan na artesa;

berro doente dos gados,

a fame, mortal para cabras e ovellas,

mirra os amamantados;

nin fume pode saír polas tellas.

Buliga xente polas lombas brancas,

carimbando a neve,

apelicada debaixo das chancas;

os mozos, caixón breve,

vellas de martelo, abade, oración,

a coro en fía rezada

na voz fatigosa do grave patrón;

diante, cruz alzada.

Mesta polvoriña varou ao cabreiro,

no oficio aínda novo,

cadáver de días na foz do lumbeiro,

respectouno o lobo.

 

Valentín Paz Andrade

7- Localiza a palabra definida

Atendendo á definición, completa o nome do recurso estilístico definido:

Q : Cruzamento de elementos sintácticos do seguinte xeito: a de b, b de a.

S : repetición das mesmas formas de flexión verbal ou nominal a xeito de rima.

A : posta en relación de contidos que se opoñen entre si.

C : Equívoco que se crea polas diferentes formas de combinación de dúas palabras ou das partes dunha palabra.

C : Posta en relación de dous elementos que teñen algunha semellanza entre si:

D : uso de palabras homónimas ou polisémicas explotando os seus diferentes significados ou acepcións.

L : negación do contrario do que se quere afirmar.

P : Colocación próxima de palabras fonicamente semellantes.

P : atribución de calidades humanas a elementos non humanos.

S : combinación de impresións de campos sensoriais diferentes.

Habilitar JavaScript

8

Para rematar as actividades poéticas, cada alumno/a comporá un poema. Non é preciso que sexa longo. Tanto o tema como a medida, estrofa e a rima son de elección libre. Procura empregar algunhas das figuras retóricas que vimos. A continuación envíalla ao teu profesor/a e colócaa na táboa de actividades (nº 6).

Unha vez que todos os alumnos rematen os seus poemas poñeranse en común (no blog do profesor/a, na wiki ou no taboleiro da aula). Os alumnos escollerán o seu favorito entre as achegas dos seus compañeiros/as e darán a súa opinión sobre el no exercicio nº 7 da táboa de actividades.