Saltar navegación

A literatura polo camiño dos cantares

3.3.2- Elementos formais da narración

 

neno subido a unha escaleira consultando libros

Estrutura

Argumento

HISTORIA ou ARGUMENTO: é o que se nos conta: a anécdota, a substancia narrativa que extraemos do discurso despois da súa lectura. 

Tema

É o eixo da historia. A idea substancial que desenvolve o texto narrativo.

Estrutura

DISCURSO OU ESTRUTURA: é a forma en que nos chega o conto ou novela. Os temas e as historias son moi diversos, mais o que dun xeito ou doutro se repite nas narracións é a estrutura, ou forma en que o autor/a decide presentarnos a súa historia. É o que se chama ESTRUTURA PROFUNDA, que basicamente resumimos en tres puntos: Modalización, temporalización e espacialización.

Modalización

Refírese á perspectiva desde a que se conta a historia e á voz que a narra. As máis frecuentes son as seguintes: 

Narrador omnisciente ou omnisciencia autorial: a historia aparece contada en terceira persoa. O narrador sabe todo sobre a hisoria e os personaxes(o que din, o que están pensando, o seu pasado, presente e futuro...), permitíndose mesmo facer comentarios e xuízos. 

            Ex. "Como non se comen as pedras quedan seguras as Catedrales, e como as carraxes amáinanse co medo queda seguro o pelexo; velaí porque Pedro seguirá sofrindo de fames incurables i estarrexendo diante do xefe, sen facer máis que as parvadas de sempre. E pois compre que fagamos un longo viaxe á procura de Rañolas, deixaremos en paz ao manxador."

            Os dous de sempre. CASTELAO

Omnisciencia neutral: a historia cóntaa un narrador máis obxectivo có anterior. Limítase a narrar en terceira persoa o que está ocorrendo.

Ex: "Atinguiron unha banda boscosa. En pequeñas clareiras asomaban as torriñas cónicas dos quemadeiros de refugallo da madeira, que tanto se ven no madeiro estado do oregón. Fábricas de madeira.

Atravesaban outra pequeña cidade: Yreka.(...)"

Memorias dun emigrante. ANTÓN RISCO

Ominisciencia multiselectiva: cada personaxe aporta a súa propia visión dos acontecementos.

Narrador potagonista/ Eu protagonista:

  A historia nárraa o protagonista, polo tanto o enfoque da historia estará limitado por este punto de vista: pode ocultarnos información (por ex. se é o asasino nunha novela de misterio), non sabemos o que pensan outros personaxes, só sabemos o que o narrador nos di que fan.

            Ex. " Era un tipo duro, si era un tipo duro, iso estaba claro. Era mellor esqueze-lo asunto e deixalo correr.Baixei as esqueiras, saín á rúa, había un grupo de taxistas discutindo por ver quen levaba a tipa das tetas. Ela tiña un vestido amarelo axustado, con escote por diante e por detrás. Xa me podían encargar a min que a seguise.

" Seis cordas e un corazón. ROQUE MORTEIRO.

Testemuña periférico: conta a historia un personaxe secundario.

Modo dramático: os personaxes son alternativamente narradores (cando falan) e narratarios ( cando escoitan aos outros personaxes).

Modo cinematográfico. Voz aséptica do narrador, totalmente neutro (por exemplo, nunca adxectivará subxectivamente). Os personaxes actúan e só así sabemos como son (non se detén a narración para dicir o que pensan). Esta obxectividade conséguese tamén coas formas verbais: predominio do indicativo, ausencia de verbos de “modalidade” (temer, parecer....). As descricións adoitan ser frías e neutras.

Narrador protagonista/ Eu protagonista: a historia nárraa o protagonista, polo tanto o enfoque da historia estará limitado por este punto de vista: pode ocultarnos información (por ex. se é o asasino nunha novela de misterio), non sabemos o que pensan outros personaxes, só sabemos o que este "eu" di que fan.

Ex. " Era un tipo duro, si era un tipo duro, iso estaba claro. Era mellor esqueze-lo asunto e deixalo correr.Baixei as esqueiras, saín á rúa, había un grupo de taxistas discutindo por ver quen levaba a tipa das tetas. Ela tina un vestido amarelo axustado, con escote por diante e por detrás. Xa me podían encargar a min que a seguise." Seis cordas e un corazón. ROQUE MORTEIRO.

Monólogo (tipos):

Monólogo citado: transcrición en estilo directo dos pensamentos dos personaxes no monólogo ou soliloquio.

Monólogo narrado: discurso mental dun personaxe baixo o disfraz de discurso narrador, indirecto libre.

Monólogo interior ou corrente de conciencia (James Joyce: frases reducidas ao mínimo sintáctico para dar expresión de espontaneidade).

Monólogo normal: sintácticamente ordenado e perfecto.

A modalización manifestase tamén a través do plano gramatical: a elección da persoa arrastra a elección dos posesivos, adxectivos, adverbios, etc. Tamén determina as formas verbais (o texto será máis ou menos obxectivo segundo os verbos). A maior presenza do narrador, menor obxectividade do texto narrativo.

A modalización inflúe tamén sobre o tempo e sobre o ritmo narrativo. O ritmo máis rápido soe vir das narracións en primeira persoa (eu protagonista, eu testemuña, modo dramático ou cinematográfico). A ominisciencia, os monólogos lentifican o discurso.

Temporalización

O espazo e o tempo narrativos autentifican o relato.

Cómpre distinguir entre: Tempo externo ou da historia (é o dos feitos narrados) e tempo intrínseco (o do discurso, a secuencia narrativa).

Na temporalización lineal os feitos cóntanse na orde en que acontecen.

Terás observado que as veces cóntasenos o que pasou en cinco anos en dúas liñas. Iso ocorre porque se resumen parte dos feitos, aumentando así o ritmo da narración. Outro recurso empregado para isto é a elipse que consiste en omitir algunha información en concreto (por exemplo, quen é o asasino).

Tamén ocorre ó contrario; as veces en páxinas e páxinas só se nos conta, por exemplo, o que ocorreu durante o almorzo, (que posiblemente non durase máis ala de dez minutos), isto prodúcese polas digresións (ou pausa digresiva), que fan que o tempo do relato non avance.

Outros  termos que debes coñecer son:

A analepse ou flash-Back  é a dislocación do tempo cara atrás. Prodúcese cando, por exemplo, o narrador que está contando algo do presente, dá un salto atrás no tempo para contar algo que ocorreu antes, (ex. a nai dunha moza que está contraendo matrimonio, de repente, a través dunha analepse, lembra a súa primeira comuñón).

Prolepse: dislocación do tempo cara a adiante, consiste en dar un salto ao futuro.

O espazo

Os núcleos espaciais en que se fundamenta a historia son importantes, pois é onde se ubican os personaxes: serven para dar verosimilitude á narración. O espazo pode ser protagonista do relato ou mero marco onde se desenvolven os acontecementos. Pode ser un espazo aberto (unha selva, unha praia...) ou pechado (un dormitorio, unha ua...); a súa descrición dependerá da modalización escollida polo autor/a.

As secuencias narrativas

A historia establécese en diferentes secuencias narrativas que debemos recoñecer.

Hai determinados procesos de pre-climax e de anti-climax.

Exemplo de "pre-clímax":

Debería chegar cabo dil á noitiña, sen que me vise chegar, pois outramente xa sabía que faría por escaparse. Debíao coller cando estivese na cabana ó pé do foio do carbón. Por sorte, non tiña can

Exemplo de "clímax":

Sentín pasos e voces ó lonxe. Apaguei o farol e boteime fóra. Escoitei. Polo outro lado da cemba viña xente. Que medo levei, oh Vi...!Aínda non sei coma tiven tino pra gorecerme tras dun érvedo.

Un dos elementos para a consecución do clímax reside na ralentización do tempo narrativo. Coa ralentización faise maior o tempo estilístico có da historia.

Exemplo de "digresión ralentizadora" do tempo narrativo:

Sempre me acordarei daquila cabana no cimo do monte Narón. Era unha casoupa coas paredes de terra i o teito de ramax de xesta e ouceiro. Non tiña porta. 

Pola contra, coas "elipses" e resumos  omítense os asuntos fundamentais para provocar no lector un máximo de colaboración.

Exemplo de "horizonte de espera":

(...) Cando estiveron perto da cabana, erguéronse os tres. Un acendeu un foco i os outros entraron dainte coas escopetas apuntando pra dentro.

De alí a un pouquiño ouvín unha voz. 

Exemplo de "ralentización":

"Collín o farol e púxenme a cachear pola cabana.

Alí estaba o Ramón debruzado nun curruncho (...). 

Exemplos tomados de "A cabana do carboeiro", de Ánxel Fole.