Saltar navegación

A literatura polo camiño dos cantares

1.7- Exercicios de repaso e reforzo

Cal é o tema deste cantar?

Pregunta

Soldado son, sirvo ao rei

e tamén sirvo á raíña

porque fago centinela

na túa porta, meniña.

Respostas

A profesión de centinela

A comunicación dunha noticia

Unha declaración de amor

Retroalimentación

O tema. "Brazos pra seitura"

Pregunta

Neste fermoso poema descríbese como a aldea vai quedando sen traballadores. Dos 50 que había xa só quedan dez. Repítese unha pregunta retórica: quen seiturará?

O poema "Brazo pra Seitura", aparece no LP O tequeletequele (Philips 6328229, 1977) do grupo Fuxan os Ventos. Escoita a interpretación no disco do grupo Fuxan os Ventos:

O vento da emigración
arrasou a nosa terra,
os vellos laian,
os nenos, berran.


Hai anos cincuenta,
hoxe nin vinte hai,
chega o mes da sega
quen seiturará?

Quince na Suiza,
doce alén do mar,
tres no sur da Francia
quen seiturará?

Dos vinte que quedan
dez a traballar,
sete que son nenos
quen seiturará?

Tres vellos que agardan
a morte chegar,
co corpo engurrado
quen seiturará?

Homes e mulleres,
hai que sementar
a nosa verdade,
por ela loitar.

Pechemos as portas,
que non fuxan máis,
pois se se van todos
quen seiturará?

Unha vez lido e escoitado, na tú opinión. a temática do poema é: 

Respostas

O problema laboral (non hai quen recolla a colleita)

A soidade na que quedan as aldeas

As negativas consecuencias da emigración

Retroalimentación

A medida dos versos

Cantade, nenas, cantade,

que o voso cantar me alegra:

canta o Crego, canta a ama,

canta o paxaro na eira.

Efectúa mentalmente as sinalefas precisas nestes versos para que poidan ter oito sílabas. Despois comproba a pronuncia correcta.

A rima

Observando ben a rima abcb, ordena os versos desordenados deste cantar para que teñan sentido:

abrindo as portas do amor/ aquí vén o maio/ cargadiño de esperanzas/ das frores dono e señor

Non premas en "mostrar retroacción" até que teñas o cantar formado na túa cabeza.

A estrofa

Costureiriña bonita,
onde tes os teus vestidos?
-Téñoos na hucha gardados, ai si, ai non,
para poñer os domingos.

Como se denomina a estrofa do cantar anterior?

Habilitar JavaScript

Estrofa

Identifica o tipo de estrofa do seguinte poema:

Dou o queixume derradeiro o inxente

bardo de outras edás, forte e varudo

cantor dun pobo lexendario e rudo

asoballado de estranxeira xente.

 

Dos guerreiros de Suevia posto ó frente,

ós pes a lanza i o batido escudo,

agárdao Breogán, doído e mudo,

entre os pinos da costa verdecente.

 

Mentras...da patria ó castro solitario

vai do vento costeiro no bruído

como un puñal, este firente berro:

 

¡Morreu Pondal, o vello lexionario!

¡Caieu en terra o pino máis brandido!

¡Crebouse a lira celta de ouro e ferro!

Ramón Cabanillas, Da terra asoballada, 25 de xullo de 1917, Imprenta do xornal Galicia Nueva. Vilagarcía de Arousa.1917.

Trátase de:

Habilitar JavaScript

Completa:

Quixera ser escribenta*

pra che escribir, meu amado,

voar coa carta no bico,

poder estar ó teu lado.

*O escribente é un paxariño que pon ovos que semellan estar escritos ou pintados.

Forma:

Estrofa de versos, de sílabas cada verso; polo tanto, de arte . A rima é abcb, os versos pares riman en .

Habilitar JavaScript

 

Pregunta

Cal coidas que é o tema do poema anterior?

Respostas

 O desexo do eu poético é voar.

O desexo do eu poético é escribirlle unha carta ao seu amado.

O desexo do eu poético é escribirlle unha carta ao seu amado e levarlla en persoa.

Retroalimentación