A literatura polo camiño dos cantares
Exercicios
1- Cu-co
O predominio ou repetición dun son está na base da "aliteración". Na seguinte estrofa:
No sono do cuco novo
Hai un namoro namoro,
Cu-có de alba lixeira,
Cu-có para o vento tolo.
2- Responde
O tempo non é, acaso,
o túnel no que entro
devagariño para a eternidade?
3- Onomatopea
Non te cases cun ferreiro, quiriquí
que éche malo de lavar, cacaracá
cásate cun mariñeiro, quiriquí
que che vén lavado do mar, cacaracá.
E o quiquiriquí e o cacaracá
e a vaca marela e o leite que dá.
As seguintes palabras imitan sons que emiten os animais. Son a base dalgunhas palabras que creamos, coma "oubear" (verbo creado sobre a imitación do son que emiten os lobos ou cans: "oouuuu") ou "cacarexar" (verbo creado sobre a imitación do son que emiten as galiñas: "ca-ca-") . Xoga a inventar unha palabra con cada unha das onomatopeas desta imaxe: miau, guau, paspallás... (Exercicio nº 1 da táboa de actividades)

4- Proposta de actividade

Estoun soio coma un lobo
oubeando cara á noite.
(U. Novoneyra)
Agora ti: ao xeito de Novoneyra, constrúe un dístico empregando algunha das palabras da imaxe anterior (3-onomatopea) que reproducen sons. (Exercicio nº 2 da táboa de actividades)
5- Responde
Maruxiña, se é que coces
faime un bolo,
se mo fas, faimo de trigo
que de centeo non cho como.
6- Proposta de actividade: Chuvia de ideas
Escoitamos a gravación do arquivo de son e cada alumno reprodúceo cunha palabra. Co programa de balde wordle creamos un mosaico con todas as creacións. (Exercicio nº 3 da táboa de actividades).