Saltar navegación

A literatura polo camiño dos cantares

1.11- Pobo meu, pois que cantas...

A cantar todos!

debuxo de tres nenos cantando

Na páxina anterior (ex. 2) puxécheslle ritmo a un cantar recreado por ti. Propoñemos agora algunhas actividades conducentes a interpretalos en público, individual e colectivamente. Non só pode ser moi divertido, senón que melloraredes a expresión en galego e practicaredes a actuar ante un público.

Primeiro escoitade, despois cantade!

1- Actividade de escoita

Ao pasar por Camariñas (Luz Casal con Luar na Lubreluz casal)

O pasar por Camariñas

por Camariñas cantando

As nenas de Camariñas

quedan no río, quedan lavando


Camariñas, Camariñas

ai que xa me vas, camariñando

Por unha de Camariñas

vivo no mundo, vivo penando.

2- Actividade de escoita

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre - Xota Delira (Ao Vivo) (esta que teño ao meu lado)

Esta que teño ao meu lado

cante moito ou cante pouco

ai cante moito ou cante pouco

 canta moi ben arreghlado.

Alí vai a que canta

reghalando ca súa gharghanta

bota flores bota flores

todos queren ser os seus amores


Toco para miña irmanhe (bis)

para outra non lle toco

anque me paghen na manhe

Alí vai a que canta …


Coleaivos coleaivos

cintiñas do meu sombreiro

Coleaivos coleaivos

a conta do meu diñeiro (bis)

Alí vai a que canta …


Baila nena baila nena

e non pares de bailar (bis)

que as estrelas tamén bailan

sin deixar de alumear (bis)

Alí vai a que canta …

Vou a dar a despedida

e na despedida un ramo (bis)

e no ramo un papeliño

con letras d´ouro bordado (bis)

3- Actividade de escoita

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre - Cantiga da Montañaportada do disco de Xabier Diaz

Ao pasar pola túa porta

vou depresa e vou correndo

porque non digan teus pais

que de amores te pretendo.


Dende aquí te estou mirando

cara a cara frente a frente

e non che podo dicir

o que o meu corazón sente.


Neste lugarín pequeno

amores hei de encontrar

ou no pico ou no fondo

ou no medio do lugar.

Polo sol mándoche cartas

pola lúa saudades

polas estrelas do ceo

memorias que te hei de dare.

 

Cantai e bailai, miniñas

e alegrai o mundo todo,

que os que non cantan nin bailan

están caíndo de sono.

4- Agora ti

nenos cantando en grupo

Cantade entre todos esta simpática cantarela

Do outro lado do río, pun pun

ten meu pai unha viña

Lara, lara, larala, laralaralarara

Nin a cava nin a poda, pun pun

vendimar si que a vendima.

Lara, lara, larala, laralaralarara

Do outro lado do río, pun pun

Ten meu pai un castañeiro,

Lara, lara, larala, laralaralarara

Dá castañas en agosto, pun pun

uvas negras en xaneiro

Lara, lara, larala, laralaralarara.


5, A cantar!

Canta tamén estoutra:

Eu subín a unha pereira

por fartarme de tomates

veu a dona dos pementos

deixaime as uvas rapaces.

Actividade

grupo de bonecos cantando

Despois de escoitardes estas fermosas interpretacións de cantares populares galegos, propoñemos a seguinte actividade:

Divídese a clase en grupos de catro alumnos/as. Cada grupo seleccionará dous ou tres cantares populares para interpretalos coa música que decidan. Pódense empregar instrumentos de acompañamento ou só voces.

Como final da actividade, cada grupo cantará as seleccionadas na aula ante os outros compañeiros e compañeiras e (por que non?) pódense gravar para subir ao blog da aula ou pódense interpretar nunha xornada festiva ante o resto da comunidade escolar. Lembrade que cantamos para divertirnos.

Na seguinte páxina explicaremos onde podedes localizar cantares.

Poemas cantados

Mais non só se poden interpretar cantares; moitas cancións populares son poemas de recoñecidos autores. Coñeces algunha? Na páxina seguinte ofrecemos algunhas ben coñecidas. 

Se te animas, ti tamén podes facer a túa versión musicada dun poema. Velaquí unha versión do poema de Celso Emilio que figura no punto 1: