Saltar navegación

A literatura polo camiño dos cantares

1-5-1- Outras composicións poéticas

EPIGRAMA

Composición poética moi breve que expresa un único pensamiento enxeñoso ou satírico con gran precisión e agudeza. Sirva como exemplo, este epigrama de Marcial, poeta romano.

Dobre moral
     Compadéceste do cartaxinés
     e tratas a patadas aos teus.

HAIKU

É unha das formas de poesía tradicional xaponesa máis estendidas. A súa temática está relacionada coa natureza. O haiku consiste en tres versos de 5, 7 e 5 sílabas, sen  rima. Acostuma conter unha palabra clave denominada kigo (季語) que indica a estación do ano á que se refire. Algúns consideran que o haiku debe combinar dúas imaxes distintas que se relacionan no terceiro verso e debe estar escrito en presente e ter unha pausa (kireji) ao final dun dos dous primeiros versos. Todas estas regras son algo arbitrarias e moitos poetas non as seguen, especialmente cando adaptan o haiku a outros idiomas.

Fonte: wikipedia

Tremendo
nas flores silvestres
vaise a primavera
Kobayashi Issa

EPITAFIO

sarcófago de igrexa decorado con esculturas talladas na pedra

Composición destinada a figurar nunha lápida en memoria dunha persoa alí enterrada.

"Onde te ves, vinme,

onde me ves, veraste".

Exemplo de epitafio na tumba de Johann Sebastian Bach:

"Dende aquí non se me ocorre ningunha fuga"

Lais

Yonec manuscrito Son cantigas ou poemas narrativos curtos (layes ou lais) que recrean de forma libre episodios relacionados coa denominada materia de Bretaña, centrados xeralmente en glorificar conceptos do amor cortesán, describindo as aventuras dun determinado heroe. Os Lais de María de Francia, escritos en versos octosílabos, son notables sobre todo pola celebración do amor, orixinalidade e viveza das descricións.