Saltar navegación

A literatura polo camiño dos cantares

3.7- Canto aprendiches? Rúbrica de autoavaliación

 

mouchiño en tela verde con lapiceiro

Rúbrica de autoavaliación do punto 3: A narración.

 

sobresaliente

Notable

ben

Suficiente

insuficiente

Curricular

1-Comprendo os conceptos traballados e son quen de expresalos con detalle, de xeito ordenado e comprensible:

-Diferenza entre conto e conto popular.

-Elementos formais da narración.

-A ilustración gráfica.

 

2-Resolvo correctamente os exercicios propostos.

1-Comprendo os conceptos, mais non son quen de expresalos con detalle, de xeito ordenado e comprensible:

-Diferenza entre conto e conto popular.

-Elementos formais da narración.

-A ilustración gráfica.

 

2-Resolvo correctamente a maioría de exercicios propostos.

 

1-Comprendo a maior parte dos conceptos, mais cústame expresalos de xeito ordenado e comprensible:

-Diferenza entre conto e conto popular.

-Elementos formais da narración.

-A ilustración gráfica.

 

2-Cústame realizar os exercicios propostos.

1-Comprendo os conceptos principais traballando, mais non son quen de realizar os exercicios propostos de xeito autónomo.

1-Non domino os conceptos nin son quen de realizar os exercicios propostos.

TIC

1-Utilizo os recursos e as ferramentas web sen dificultade pola rede.

 

2-Teño un dominio moi elevado das ferramentas TIC e dos procesos necesarios para a realización da actividade.

1- Utilizo os recursos e as ferramentas web  sen dificultade pola rede, mais en determinados casos cústame facelo adecuadamente

 

2-Teño un dominio alto das TIC e dos procesos que me permiten a realización das actividades.

1- Utilizo os recursos e as ferramentas web, mais en determinados casos non sei empregalos correctamente

 

2-O meu dominio das ferramentas TIC e dos procesos asociados a esta actividade é medio, pero suficiente para a súa realización.

1- Utilizo os recursos e as ferramentas web con certa dificultade e con formas non moi adecuadas.

 

2-Teño dificultades para usar correctamente as ferramentas TIC e os seus procesos para a realización das actividades.

1-Cústame moito utilizar  os recursos e as ferramentas web e non sei empregalos.

 

2-Non teño o dominio suficiente para usar as ferramentas TIC, nin coñezo ben os procesos que me permiten traballar as actividades.

Traballo creativo

1-Mostro moito interese pola creación de textos literarios propios.

2-Implícome en todas as actividades propostas, que se concretan en resultados de gran calidade.

 

1-Mostro interese pola creación de textos literarios propios.

 

2-Implícome en todas as actividades propostas, que se concretan en resultados de calidade.

 

1-Mostro interese pola creación de textos literarios propios.

 

2-Implícome nas actividades propostas e fágoas todas, aínda que os resultados sexan susceptibles de mellorar.

1-Non mostro moito interese pola creación de textos literarios propios.

 

2-Non me implico nas actividades, o que se traduce en resultados de pouca calidade.

 

1-Non mostro interese pola creación de textos literarios propios.

 

2-Non me implico nas actividades, nin as realizo todas.

Traballo colaborativo

1-Asumo o meu papel sen interferir no traballo dos demais e aporto ideas ao grupo.

2-Implícome moito na posta en común (cantar, intepretar…).

 

1-Asumo o meu papel, mais ás veces tendo a interferir no traballo dos demais e aporto ideas ao grupo.

2-Implícome na posta en común (cantar, intepretar…).

 

1-Asumo o meu papel, mais tendo a interferir no traballo dos demais e aporto ideas ao grupo.

2-Ás veces implícome moito na posta en común (cantar, intepretar…).

 

1-Asumo o meu papel interferindo no traballo dos demais e non aporto ideas ao grupo.

2-Implícome pouco na posta en común (cantar, intepretar…).

 

1-Non asumo o meu papel e/ou interfiro no traballo dos demais sen aportar ideas ao grupo.

2- Non me implico na posta en común (cantar, intepretar…).