Saltar navegación

A literatura polo camiño dos cantares

Exercicios

1

Identifica os recursos estilísticos dos seguintes versos:

“Mira, estate quedo, Rouco.

Rouco, non me fagas mal”

(E. Pondal).

 

Galicia, dicimos todos, Galicia

(U. Novoneyra).

Habilitar JavaScript

2

Localiza os recursos estilísticos resaltados nos seguintes versos:

¿Como queres que te deixe?

¿como, que de ti me aparte,

si máis que a mel eres dulce

e máis que as froles soave?  

Unha vez tiven un cravo

cravado no corazón.

 

"Na morte da nena nena

choraron anxos antigos, ai dolor!  ou repetición

 

Aló na rúa Esmeralda,

vasoira que te vasoira  

polvo de estantes e caixas. (F.G. Lorca)

 

Chove, chove na casa do pobre

e no meu corazón tamén chove.

Habilitar JavaScript

3

Escribe a palabra que sexa necesaria para que se produza unha anáfora entre o primeiro e o terceiro verso. 

Outono

Chegou o tempo de Outono

prás castañas varear.

¡ o tempo do sono

e a sazón de sementar!

Manuel María, Terra Chá, 1954

Habilitar JavaScript

4

Rosalía de Castro, neste poema de Cantares Gallegos (1863), emprega moitos recursos de repetición. Cal dos seguintes non encontramos neste poema? anadiplose, anáfora, asíndeto, epanadiplose, paralelismo e polisíndeto.

Adios rios, adios fontes,
adios regatos pequenos,
adios vista dos meus ollos
non sei cando nos veremos.
 

Miña terra, miña terra,
terra donde m' eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prante
i.

Prados, rios, arboredas,
pinares que move
o vento,
paxariños piadores,
casiña d
o meu contento.

Muiño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar.

Amoriñas d
as silveiras
qu'eu lle dab' ó meu amor,
camiñiños antr' ó millo,
adios para sempr' adios!

Adios groria! adios contento!
deixo á casa onde nacin,
deixo á aldea que cono
zo,
por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,
deixo
a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Que
n puidera non deixar!...

Mais son prob' e mal pecado,
a miña terra n' é miña,
qu' hastra lle dán de prestado
beira por que camiña
o que naceu desdichado.

Téñovos pois que deixar,
hortiña que tanto amei,
fogueiriña dó meu lár,
arboriños que prantei,
fontiña do cabañar.

Adios, adios que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai s' enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.

Adios Virxe da Asunción,

branca como un serafín;

lévovos no corazón:

Pedídelle a Dios por min,

miña Virxe da Asunción.

Xa se oien lonxe, máis lonxe.

cada balada é un dolor;

voume soio, sin arrimo...

¡Miña terra, ¡adios!, ¡adios!

Adios tamén, queridiña...
Adios por sempre quizais!...
Dígoch' este adios chorando
desd' á beiriña do mar.
Non m' olvides, queridiña,
si morro de soidás...
tantas legoas mar adentro...
¡Miña casiña! meu lar!


Habilitar JavaScript

5- No sono do cuco novo

Identifica os recursos estilísticos da forma resaltados en negriña neste poema de Álvaro Cunqueiro.

No sono do cuco novo
Hai un namoro namoro,
Cu-có de alba lixeira,
Cu-có para o vento tolo. ( )

Ai o noivado do cuco,
Namoro de gaita fina!
Na romería do sono
Romeiras de follas vivas.

Romeira unha estrela verde,
Romeira unha rá noviña,
Romeira unha frol tremante,
Romeira unha pomba fría. ( e enumeración)


Veredas de namorar
Quen as vende, quen as merca,
Na feira do seu noivado
O Cu-có soña de seda,
Veredas de namorar.

Ai o noivado do cuco,
Sono de soñar cancións,
Auga corrente romeira
Lindeiros que deixa o sol.

No sono do cuco novo

hai un namoro namoro, (repetición ou )

romería de vidradas,

cu-có para o vento tolo.

Habilitar JavaScript

6

Observa este recurso que emprega o poeta Noriega Varela neste poema:

flor de toxo

¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos!
Eu venero as froliñas dos toxos.

Dos toxales as tenues froliñas,
que sorríen, a medo, entre espiñas.

Entre espiñas que o ceio agasalla
con diamánte-las noites que orballa.

¡Oh do ermo o preciado tesouro!:
as froliñas dos toxos son de ouro.

De ouro vello son, mai, as froliñas
dos bravos toxales, ¡das devociós miñas!...

Este recurso literario consiste na repetición da mesma palabra ou grupo de palabras ao final dun verso e ao comezo do seguinte. O uso continuado de coñécese como “concatenación”.

Habilitar JavaScript