Saltar navegación

A literatura polo camiño dos cantares

2.1- Figuras fónicas (1)

 

folla cortada

As figuras retóricas fónicas ou sonoras xogan co son das palabras. Imprimen aos poemas sensacións de ritmo e musicalidade.

Nesta páxina imos ver as seguintes: aliteración, apóstrofe, exclamación retórica, interrogación retórica e onomatopea.

Aliteración

É a repetición intencionada dun ou varios fonemas cunha frecuencia perceptible:

foto paporrubio

No bicarelo do bico do brelo

canta un paxariño

no mesmiño bicarelo do bico do brelo.

(U. Novoneyra)

En ocasións, a aliteración soe suxerir imaxes relacionadas cos sentidos. Por exemplo: o son do vento, o da agua, o do paso dunha moto. Neste caso tamén se pode considerar onomatopea.

Apóstrofe

Invocación ou chamada a un ser ausente ou presente, real ou imaxinario, mesmo personificado. Non leva signos de interrogación.

Poema paxriño "papuxiña das aoras"(papuxa das amoras cantando) 

tres amoras maduras

Exclamación retórica

Sempre entre signos de exclamación. O poeta trata de expresar sentimentos subxectivos conectados directamente coas súas máis íntimas sensacións.

paisaxe montaña galega

Eiquí sempre foi bosque...

Ruxir solo

da fonte do corzo!

Barbas do mofo

pingando dos toros!

(U. Novoneyra)

Interrogación retórica

Entre signos de interrogación. Consiste na formulación dunha pregunta que non precisa ningunha resposta.

mariñeiro

Quen fechou esta noite
a fenestra azul d' o Mar?

(M. Antonio)

Onomatopea

A onomatopea é a imitación de sons ou ruídos, como podemos observar no seguinte poema de Uxío Novoneyra:

O sol reloce no aire

o aire arrandea a pallada

e no medio da trigada,

o PASPALLÁS:

pas, pa-llás!

pas, pa-llás!

Como xa saberás, o nome deste paxaro imita o seu son.

Escoita tamén as anomatopeas que hai no seguinte cantar: