A literatura polo camiño dos cantares
1.4- Todos os poemas riman?
A rima
Non todos os poetas utlizan a rima nas súas creacións poéticas. Aínda así, os poetas tradicionais e os cantares populares adoitan ter rima.
A rima é a igualdade ou semellanza dos sons cos que acaban dous ou máis versos a partir da última vogal acentuada.
Rima asonante: igualdade das vogais a partir da última vogal acentuada, en dous ou máis versos.
Rima consonante: tódolos sons despois da vogal acentuada son iguais.
Segundo a orde en que se produzan as rimas, poden ser: pareadas (aa, bb), alternantes (abab), cruzadas (abba), encadeadas (bcb, cdc, etc.).
Exemplo de rima pareada (aabb)
Ai Maruxiña, non vaias á herba,
que vén o vento Maruxa, toda cha leva,
toda cha leva, lévacha toda,
ai Maruxiña, Maruxa, non sexas tola.
1- Responde
|
|
O paxaro da María anda nas miñas cereixas. Come paxariño come, veremos as que me deixas. |
2- Que palabra falta?
Neste poema de rima consonante falta unha palabra. De entre estas que che propoñemos, cal che parece a máis axeitada? valente, verdecente, sorprendente, pendente. Escribente: paxaro coa cabeza e partes inferiores amarelas ou pardas e partes superiores castañas con riscos escuros.
3
Tendo en conta a rima, intenta adiviñar a palabra que falta. Axudarache saber que a rima é asonante.
4
No seguinte poema riman os versos pares en consonancia. Tenta colocar estas palabras como corresponda: anduriñas, espiñas.
5
Completa como proceda o seguinte poema para que rime ABAB en consonancia.
Sabías que?
Os versos libres, brancos ou soltos carecen de rima. O verso libre é un verso que non rima e que forma parte dunha composición que non se axusta a normas de rima nin medida.
