Saltar navegación

A literatura polo camiño dos cantares

1.2- Quen fala nos poemas?

Autores e suxeitos líricos

Nalgúns poemas quen expresa os seus sentimentos é a propia autora ou autor. Mais non sempre é así, por iso faremos ben en non identificar autor/a con suxeito lírico. Ademais, hai poemas nos que non fala unha persoa, senón un obxecto, un animal...

As seguintes actividades son para que identifiques o "eu" lírico deses poemas ou cantares.

1

Pregunta

Miña nai como é tan pobre
cando non ten que me dar
éncheme a cara de bicos
e despois rompe a chorar.

Quen fala neste cantar?


Respostas

Unha nai

Un fillo ou filla

O autor/a do cantar

Retroalimentación

2

Pregunta

Quen fala neste poema de Antonio García Teijeiro (2006)?

folla de árbore seca, sobre céspede verde

A rosa díxolle á folla:

-Non me gusta a túa cor.

E a folla mixiriqueira

sentiu no peito unha dor.

Daquela falou co trigo,

cos merlos e coas flores

e todos lle comentaron:

-Anda toliña de amores.

Respostas

Unha muller chamada Rosa

Elementos da natureza

O autor/a

Retroalimentación

3

Quen fala neste cantar?

Eu son mariñeiro da beira do mar
teño unha lanchiña pra ir navegar,
pra ir navegar, pra ir navegar,
eu son mariñeiro da beira do mar.

Un

Habilitar JavaScript

4

Este é un poema de Rosalía de Castro do seu libro Follas Novas (1880), e pertence ao apartado "As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos".

Tecín soia a miña tea,
sembréi soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.
Nin na fonte nin no prado,
así morra coa carrax,
el non há de virme erguer,
el xa non me pousará.
¡Que tristeza! O ventos soa,
canta o grilo ó seu compás...;
ferve o pote..., mais, meu caldo,
soíña te hei de cear.
Cala, rula, os teus arrulos
ganas de morrer me dan;
cala, grilo, que si cantas,
sinto negras soidás.
O meu homiño perdeuse,
ninguén sabe en onde vai...
Anduriña que pasache
con el as ondas do mar;
anduriña, voa, voa,
ven e dime en onde est
á.

Pregunta 1

Neste poema unha voz feminina describe a soidade na que vive dende que o seu home non está.  Cres que neste caso podemos identificar a autora co suxeito lírico?

5

O poeta Manuel Curros Enríquez escribiu neste poema como coñeceu a morte de seu fillo.

¡Ai!

¿Cómo foi?...- eu topábame fóra

cando as negras vixigas lle deron;

polo aramio súa nai avisóume

i eu vinme correndo.

¡Coitadiño! Sintindo os meus pasos

revolvéu cara a min os seus ollos.

Non me viu…¡ai! Xa os tiña

ceguiños de todo.

Non me acordo que tempo me estiven

sobre o berce de dór debruzado:

sóio sei que me erguín co meu neno

sin vida nos brazos…

Volvoreta de aliñas douradas

que te pousas no berce baleiro,

pois por el me preguntas, xa sabes

qué foi do meu neno.

Pregunta 1

Cres que neste caso podemos identificar o autor co suxeito lírico?

A quen se dirixe o poema?

Igual que hai que identificar quen fala no poema, tamén temos que saber a quen se dirixe. De novo pode ser unha persoa, animal, obxecto inanimado...

Practica cos seguintes poemas que che propoñemos.

1

A quen se dirixe o seguinte cantar?

 

río galego

Río de augas nunca quedas,

cantaruxiño Furelos,

dille ao mar como se cantan

os alalás de Barcelos.

 Ao 

Habilitar JavaScript

2

A quen se dirixe o suxeito lírico da seguinte cantiga medieval?

Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus!, se verra cedo?

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus!, se verra cedo?

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus!, se verra cedo?

Se vistes meu amado,
por que ei gran coidado?
E ai Deus!, se verra cedo?”

Martín Códax

Ondas do mare (Martim Codax) - 13th c. Galician-Portuguese cantiga d'amigo

Habilitar JavaScript

Que che gustou máis?

Cal dos poemas ou cantares que liches nos puntos 1.1 e 1.2 che gustou máis?

Xustifica a túa resposta na táboa de actividades (exercicio 1). Para facelo copia a táboa no teu computador. Unha vez que estean feitas todas as actividades propostas deberás enviar esa táboa por correo electrónico ao teu profesor/a.