Saltar navegación

A literatura polo camiño dos cantares

Exercicios

1

Identifica os recursos estilísticos dos seguintes versos:

Frautas douradas antre os carballos,

doces sons que o río lonxe leva” 

(Eduardo Moreiras).

 “Aturula a curuxa e canta o cuco” 

Uxío Novoneyra. 

Habilitar JavaScript

2

O poeta Luis Amado Carballo ("Abrente", Proel, 1924) describe neste poema a chegada do temporal. Observa como consegue evocar os sons da treboada coa selección de fonemas que leva a cabo (-rr-, cr-, tr, t...). Lédeo en voz alta procurando reproducir os sons que vos imaxinades.

CANZÓN DO TEMPORAL 
   Os berros dos mazaricos 
rachan as sedas do mar 
no carro das mouras nubens 
ven do sur o temporal. 

   Nas barras e nos peiraos 
rompen as foulas cristadas 
de lostregos azuados 
das estrelas afogadas. 

   Púxose o ceo de loito 
polos que van afogar. 
As centellas como trallas 
baten no lombo do mar.

Vocabulario:

Mazarico: mazarico galego ou mazarico chiador (Numenius phaeopus) é unha ave limícola.

Barra:  Banco ou baixo de area na desembocadura dun río, que fai perigosa a navegación.

Foula:  Escuma do mar que lanza a proa do barco ao navegar ou que se levanta ao bater as ondas contra a costa ou cando fai moito vento.

Cristada:  Que ten crista (parte saínte dalgunhas cousas).
Azuado: seguramente por "azulado".

Tralla: Cabo co que se reforzan os bordos das velas. 

3

As bágoas que verque

mollan o seu cantar

"mollar" é unha sensación táctil, "cantar" unha sensación auditiva. Como se denomina este recurso que mestura varias sensacións?

Habilitar JavaScript