Saltar navegación

A literatura polo camiño dos cantares

4.0-Para crear a vosa obra de teatro

Pasos suxeridos para chegar a estrear a vosa pequena obra

1º: formar o grupo (a vosa “compañía” teatral).

2º: escoller tema e cantar motivador.

3º: repartir responsabilidades e papeis.

4º: planificar os tempos.

5º: definir personaxes, tempo e espazo.

6º: elaborar o guión. Esta fase supón un proceso: borrador, revisión, entregarllo ao profesor/a para que opine e faga suxerencias, versión final.

7º: preparación dos elementos escenográficos precisos: vestiario, luces, música, etc.

8º: memorización do texto e ensaios.

9º: deseño do cartaz publicitario

10º: estrea.

O paso do tempo

Un elemento configurador importante da trama é o tempo. A representación non pode durar tanto como a historia que se escenifica, por iso é importante determinar como axudarlle ao espectador a entender o transcurso das horas, dos días ou dos anos.

A promoción da obra

Antes do día da estrea debedes dar a coñecer a vosa obra aos futuros espectadores. Unha vez que teñades todo preparado, procederedes a deseñar un cartaz informativo cos datos fundamentais da obra: título, breve reseña do contido, personaxes e actores que os representan, nome da compañía, data e lugar da representación…

Consellos para garantir o éxito do grupo:

  • Procura aprender e/ou mellorar as túas habilidades sociais para contribuir ao bo funcionamiento do grupo.
  • Esfórzate por manter relacións cordiais.
  • Contribúe á creación dun clima de amizade, seguridade e confianza entre todos os membros do grupo.
  • Respecta e valora a todos os compoñentes, sexa cal sexa a vosa función, todos sodes imprescindíbeis.
  • Responsabilízate das túas tarefas.