Saltar navegación

A literatura polo camiño dos cantares

Exercicios

1

Identifica os recursos estilísticos destacados nas seguintes estrofas:

Irmán Daniel

Na praia de Rianxo caían

como bágoas as estrelas.

(R. Cabanillas)

 

Miña Patria

“Eu son o teu soldado máis forte.

a túa lingua é a miña espada

(Avilés de Taramancos)

Habilitar JavaScript

2

Nos seguintes fragmentos poéticos (de M. Antonio e Rosalía de Castro) sinala o nome dos recursos estilísticos resaltados.

O Sol era un paxaro triste  ademais de personificación.
que se pousaba n' o penol

 

En todo estás e ti es todo

pra min e en min mesma moras,

nin me abandonarás nunca,

sombra que sempre me asombras

 

Tes, en cambio, orfos e orfas

e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non ten pais.

E tes corazóns que sofren  ademais de paralelismo.

 

Choran os xustos e gozan os culpables

 

Coa boca aberta

-caille a baba-

está mirándonos o babión do sol.

Habilitar JavaScript

3- Busca os referentes das imaxes poéticas

De entre os seguintes referentes (o luar, as estrelas e o amencer), identifica os que se corresponden coas imaxes dos seguintes poemas:

De par de nós
a Lua
fai ronseles infecundos

Loceiros degolados

desangranse de ouro n' o Mar

E o pano branco d' o novo día
enxogará os ollos d' o ceo.

Habilitar JavaScript

4- Le e responde

Cal é a figura retórica destacada neste poema do poeta lugués Uxío Novoneyra?

liquens sobre pedras de granito

ISTE mofo das pedras tan vello e tan miudiño
é o silencio baixiño que lles vai saíndo en frebas
e que se queda á pe delas pra que non podan sentilo.

Mofo lento das pedras
polas aurelas das presas e polas beiras do río!

 (A é B)

Habilitar JavaScript

5

As campanas* da parroquia
brincan na alma do campo
como puchos rebuldeiros
na esponxa dos toxos bravos.

Luis Amado Carballo: "Abrente", Proel, 1924.

*castelanismo que emprega o poeta no canto de campás.

Identifica estes tres recursos na estrofa anterior:

Personificación: ¿quen? ¿que fan?

Comparación: termo A ( ) son como

Metáfora pura: termo B:

Habilitar JavaScript

6

XEA

fai un frío que queima.

Pouco a pouco

érguese a terra en trempos.

Como se denomina o recurso resaltado?

Habilitar JavaScript

7

Foto poema

"O outro paxariño" que voa dentro do seu corazón é unha persoa ou un paxaro?

Xa que logo, que figura literaria é?

Habilitar JavaScript