Saltar navegación

A literatura polo camiño dos cantares

Exercicio

Autoavaliación 1

Identifica os recursos estilísticos dos seguintes versos

"Eu que non son e son

(Antón Tovar)

 

Ah gata divina!

ollos de ágata para ollar o Danuio”

(Luz Pozo Garza)

 

"non lixios, non servos”  

(E. Pondal)

Habilitar JavaScript

2

Nos seguintes fragmentos poéticos de Avilés de Taramancos (de “Cántico a arbre”, O tempo no espello) sinala o nome dos recursos estilísticos resaltados.

¿Quen avisou a tódolos paxaros?

Do sur como unha ráfaga amarela (comparación e )

chegou o ouriol cun asubío:

Benvido viaxeiro tenaz, lóstrego ou claridade

das gándaras de cal e limoeiro!

 

Brinca no ar o gozo transparente,

digo alabastro ou ágato ou orballo:

Imos plantar unha cerdeira nova

de vermello interior vitrificado,

unha árbore absoluta no infinito

onde se pouse o vendaval tranquilo:

e a águia enfurruñada se estremeza:

vibrátil e curiosa como un raio.

 

Unha cerdeira é un navío inquedo:

que parte na mañá

e loita, e vence,

e síntese apretado polo vento,

e trae a luz sumisa, acribillada

estendida na xacia vitoriosa.

Nos versos da estrofa anterior, que recurso destaca?

Habilitar JavaScript

3

Pensa como un poeta ou poetisa. Completa a palabra que falta nas seguintes metáforas. Despois pódela comparar coa palabra do poema orixinal.

Metáfora sobre a noite:

 

A noite é o  do día,

lágrima inmensa de sombra

que escorre sobre a campía.

(A.I. Alvariño)

 

Metáforas sobre o amencer:

Quen  esta noite
a fenestra azul d' o Mar?

O Sol era un paxaro  
que se pousaba n' o penol

(M. Antonio)

 

Habilitar JavaScript