Saltar navegación

A literatura polo camiño dos cantares

1.11- Pobo meu, pois que cantas...

1.11.2- Poemas cantados

moza tocando o violín

Poemas. Actividade de escoita. 1

Lela

Están as nubes chorando
Por un amor que morreu
Están as ruas molladas
De tanto como chovéu

Lela, Lela
Lelina por quen eu morro
Quero mirarme
Nas meninas dos teus ollos

Non me deixes
E ten compasión de min
Sen ti non podo
Sen ti non podo vivir

Dame alento das tuas palabras
Dame celme do teu corazón
Dame lume das tuas miradas
Dame vida co teu doce amor

De Os vellos non deben de namorarse

Dulce Pontes: Vídeo de Youtube de Dulce Pontes

Xocaloma: Vídeo de Youtube de Xocaloma

Poemas. Actividade de escoita. 2

No xardín unha noite sentada

ó refrexo do branco luar,

unha nena choraba sin trégolas

os desdés dun ingrato galán.

I a coitada entre queixas decía:

“Xa no mundo non teño ninguén;

vou morrer e non ven os meus ollos

os olliños do meu doce ben”.

Os seus ecos de melanconía

camiñaban nas alas do vento,

       i o lamento

       repetía :

“¡Vou morrer e non vén o meu ben”!

Lonxe dela, de pe sobre a popa

dun aleve negreiro vapor,

emigrado, camiño de América,

vai o pobre, infelís amador.

I ó mirar as xentís anduriñas

cara á terra que deixa cruzar:

“¡Quen pudera dar volta –pensaba-

quen pudera convosco voar!...”

Mais as aves i o buque fuxían

sin ouír seus amargos lamentos;

       sólo os ventos

       repetían:

“¡Quen pudera convosco voar!”

Noites craras, de aromas e lúa,

desde entón ¡que tristeza en vós hai

prós que viron chorar unha nena,

prós que viron un barco marchar!...

Dun amor celestial, verdadeiro,

quedou sólo, de bágoas a proba,

       unha cova

nun outeiroi on cadavre no fondo do mar.

       (5 xuño 1869)

 

Curros Enríquez, Aires da miña terra, 1880.

Letra cantiga

Unha noite na eira do trigo
O refreixo do branco luar,
Una nena choraba sin tregola
Os desdens dun ingrato galan.

I acoitada entre queixas decia,
Xa no mundo non teño ninguen,
Bou morrer e non ven os meus ollos,
Os ollinos do meu dolce ben.

O seus ecos de melancolia,
Camiñaban nas alas do vento,
I o lamento repetia,
Vou morrer e non ven o meu ven.

Lonxe dela de pe sobre a popa
Dun elebre e negreiro bapor,
Emigrado camiño de America,
Vai o pobre infeliz amador.

I o mirar a sentis anduriñas,
Cara a terra que deixa cruzar,
Quen pudera dar volta, pensaba,
Quen pudera con vos covoar.

Mais as ves io buque fuxian,
Sin ouir seus amargos lamentos,
Soio os ventos repetian
Quen pudera con vos covoar.

Noites claras de aroma e lua,
Desde enton que tristeza en vos ai,
Pros que viron chorar una nena,
Pros que viron un barco marchar.

Dun amor celestial verdadeiro,
Quedou soio de baguas a proba,
Unha coba nun outeiro,
I un cadabre no fondo do mar.

Enlaces

Os Tamara: Vídeo de Youtube de Os Tamarahttp://youtu.be/h5Nevd_hq-g

Rosa Cedrón e Chus Pato: Vídeo de Youtube de Rosa Cedrón e Chus Patohttp://youtu.be/Kcek7gKLBRc

Poemas. Actividades de escoita 3

Negra sombra

Cando penso que te fuches
Negra sombra que me asombras
Ó pé dos meus cabezales
Tornas facéndome mofa

Cando máximo que es ida
No mesmo sol te me amostras
I eses a estrela que brila
I eres o vento que zoa

Si cantan, es ti que cantas
Si choran, es ti que choras
I es o marmurio do río
I es a noite i es aurora

En todo estás e ti es todo
Para min i en min mesma moras
Nin me deixarás ti nunca
Sombra que sempre me asombras.

Rosalía de Castro, Follas Novas, 1880.
Luz Casal: Vídeo de Youtube de Luz Casalhttp://youtu.be/7wIk8fPzFlU

Poemas. Actividades de escoita. 4

NOUTURNIO

Da aldea lexana fumegan as tellas;

detrás dos petoutos vai póndose o sol;

retornan prós eidos coa noite as ovellas

tiscando nas beiras o céspede mol.

Un vello, arrimado nun pau de sanguiño,

o monte atravesa de cara ó piñar.

Vai canso; unha pedra topou no camiño

e nela sentouse para folgos tomar.

       -¡Ai! –dixo-, ¡que triste!

       ¡que triste eu estou!

       I on sapo, que oía,

       Repuxo: - ¡cro,cro!

¡Ás ánemas tocan!... Tal noite coma esta

queimóuseme a casa, morreume a muller;

ardeume a xugada na corte i a besta,

na terra a semente botouse a perder.

Vendín prós trabucos bacelos e hortas

e vou polo mundo de entón a pedir;

mais cando non topo pechadas as portas

os cans sáienme a elas e fanme fuxir.

       -Canta, sapo, canta;

       ti i eu ¡somos dous!...-

I o sapo, choroso,

Cantaba: - ¡cro, cro!

Soliños estamos entrambos na terra,

mais nela un buraco ti alcontras i eu non;

a ti non te morden os ventos da serra,

i a min as entranas i os ósos me ron.

Ti, nado nos montes, nos montes esperas,

decote cantando, teu término ver;

eu, nado entre os homes, dormendo entre as feras,

a morte non acho, si quero morrer.

Xa tocan…Recemos

¡que dicen que hai Dios!...-

       El reza, i o sapo

Cantaba: - ¡Cro, cro!

A noite cerraba, i o raio da lúa

Nas lívidas cumes comenza a brilar;

Curisco que tolle nos álbores brúa

I escóitase ó lexos o lobo oubear.

O pobre do vello cos anos cangado,

ergueuse da pedra i o pau recadou;

virou para os ceos o puño pechado,

e cara ós touzales rosmando marchou…

       Cos ollos seguíndoo

na escura extensión,

o sapo quedouse

cantando: - ¡Cro, cro!

 Curros Enríquez, Aires da miña terra, 1880.

Os Tamara: Vídeo de Youtube de Los Tamarahttp://youtu.be/-85s1Zn2aHg


Poemas. Actividades de escoita. 5

Non canta na Chá ninguén,
por iso, meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.(Bis)
Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío,
anque é, ás vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío.
O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
iQué fermosa é a sua feitura!
iQué lixereza a do eixo!
As cousas vanse aledando
por onde meu carro pasa.
iCarrétame herba pro gando!
iTraime a colleita pra casa!

 Manuel María, Terra Chá, 1954

Letra da Terra Chá por

Fuxan os Ventos:

Poemas. Actividades de escoita. 6.

O aradiño

Labrado da miña mau
Fixen coa miña navalla
Un aradiño de pau.

Leva timón e chavella
E unha rella furadora
Feita cunha lata vella.


Ten orelleira, rabela
Tan luída e rematada
Que namora mirar pra ela. 

O meu arado e tan feito
Que pode incluso esfender
Labradíos a barbeito. 

Teño xa que darlle éstreno
Ó meu arado arador,
Ó meu arado pequeno.

E non sei ónde hei de ir
Buscar os bois que preciso,
Buscar os bois pra xunguir.

Labrado da miña mau
Fixen coa miña navalla
Un aradiño de pau.

Manuel María, Terra Chá, 1954

Letra da Terra Chá por

Fuxan os Ventos:

Actividades de escoita, 7: A voz das amigas

Velaquí de novo a cantiga do exercicio 1.9:

A miña voz, compañeiras,
non naceu para afastar.
Se non fose por vosoutras,
como ía camiñar?

Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada.

A miña voz, compañeiras,
tráioa para partillar.
Se non fose por vosoutras,
como ía camiñar?

Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e farémonos grandes,
temos xuntas a forza dos mares.
Dáme a man e farémonos grandes,
temos xuntas a forza dos mares.

A voz das miñas amigas
Dame folgos pra avanzar.
Se non fose por vosoutras,
como ía camiñar?

Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
todas xuntas non temos fronteira,
ven comigo, miña compañeira.
Todas xuntas non temos fronteira,
ven comigo, miña compañeira.

Miña irmá, miña irmá, miña amiga,
tan igual a min e tan distinta,
dáme a man e faremos cordada,
ven comigo, miña camarada,
todas xuntas non temos fronteira,
ven comigo, miña compañeira.

Consentimento

Grupo: Leilía

Letra: Yolanda Castaño

E para remate...

Eí vos vai a despedida

eí vos vai polas da ribeira

eí vos vai o chocolate

feito na chocolateira.


Queres máis?

portada do libro rock bravú

Por fortuna, son moitos os grupos musicais que continúan a facer música galega. Velaquí tes algúns, ao carón dun enlace. Procura ti outros e compárteos.

A Roda (https://www.youtube.com/watch?v=aIaxbfk-0Pk)

Andrés do Barro (https://www.youtube.com/watch?v=0X7N1L-8cSk)

Berrogüeto (https://www.youtube.com/watch?v=3EBHtlIePMk)

Faltriqueira (http://youtu.be/Y9tLRFZtkXg)

Fía na Roca (https://www.youtube.com/watch?v=xiDCiyYeisM)

Fuxan os Ventos (https://www.youtube.com/watch?v=Au1DOGg1TW0)

Herdeiros da cruz (https://www.youtube.com/watch?v=FdFRRe0Iw_U)

Leilía (https://www.youtube.com/watch?v=uVZBj1nlGWI)

Luar na Lubre (http://youtu.be/2F9GJEhOEKA)

Mercedes Peón (http://youtu.be/u48xWx1KIME)

Os diplomáticos de Monte Alto (http://youtu.be/k_u0b5_ccg0)

Os Resentidos (http://youtu.be/t4SKE2cLuFs)

Os Tamara (https://www.youtube.com/watch?v=dHIoEWvpQnQ)

Sés (https://www.youtube.com/watch?v=81fcyIOvnP0)

Xabier Díaz (https://www.youtube.com/watch?v=_kUnaBWEneo)

Xil Ríos (http://youtu.be/PdgNZY4KF08)

Xocaloma (http://youtu.be/-kdiTtgsCFU)

Yellow Pixoliñas (http://youtu.be/yVp5LXR1WdI)