Saltar navegación

A literatura polo camiño dos cantares

1.3- Como se miden os versos?

Os versos

libro de poemas aberto

Segundo o número de sílabas de cada verso, diferenciamos entre:

Versos de arte maior: máis de oito sílabas (eneasílabo, decasílabo, hendecasílabo, dodecasílabo...).

Versos de arte menor: menos de oito ou oito (pentasílabo, hexasílabo, heptasílabo, octosílabo).

Cómpre ter en conta que, á hora de compoñeren os seus poemas, os poetas botan man de recursos coma:

Sinalefa: unión da última sílaba dunha palabra que acaba en vogal coa primeira da palabra seguinte que empeza tamén por vogal.

Sinérese: facer dun hiato un ditongo.

Diérese: converter un ditongo en hiato.

Segundo o número de sílabas, os versos poden ser:

Monosílabo – 1 sílaba. Bisílabos – 2 sílabas. Trisílabos – 3 sílabas. Tetrasílabos – 4 sílabas.
Pentasílabos – 5 sílabas ou chamado de redondilla menor. Hexasílabos – 6 sílabas.
Heptasílabos – 7 sílabas ou chamado de redondilla maior.
Octosílabos – 8 sílabas. Decasílabos – 10 sílabas. Hendecasílabos – 11 sílabas.
Dodecasílabos – 12 sílabas ou chamado de alexandrino. Verso bárbaro – versos con máis de 12 sílabas.

Arte menor/maior

Exemplo de cantar de arte menor

Eu cantar cantaba ben

pero gracia tiña pouca

quedoume no lavadoiro

onde eu lavaba a roupa.

Exemplo de cantar de arte maior

Se vas ao Ribeiro, ao Ribeiro de Avia,

se vas ao Ribeiro, vai por Ribadavia,

vai por Ribadavia, vai por Ventosela,

que teño unha nena, que dá xenio vela.

1- Responde

O paxaro cando chove

mete o rabo na Silveira,

pasa paxariño pasa,

que che é hora de ir á feira.

Tendo en conta o número de sílabas este cantar é de arte

Tendo en conta o número de sílabas é

No cómputo das palabras en cor azul temos que facer

Habilitar JavaScript

2

Pregunta

Arrepuïñadas todas
as carnes se me puñeron

Para que estes dous versos midan oito sílabas, a autora deles (Rosalía de Castro) coloca dous puntos no i, indicando así que non forma ditongo, senón hiato; como se denomina esta licencia métrica?

Respostas

Sinérese

Diérese

Retroalimentación

3

Cantas sílabas teñen os versos do seguinte cantar?

Esta pandeira que toco

éche de coiro de ovella

onte roía os carpazos

e hoxe toca que rabea.

Habilitar JavaScript

4- Actividade de escoita

 Neste enlace podes escoitar a fermosa Cantiga da Montaña de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. Mentres a escoites vai contando o número de sílabas de cada verso. Observa como para que todos midan oito é preciso ir facendo sinalefas e diéreses. 

Ó pasar pola túa porta

levo presa e vou correndo

porque non digan teus pais

que de amores te pretendo.

Dende aquí te estou mirando

cara cara, frente a frente

e non che podo dicir*

o que o meu corazón sente.

Neste lugarín pequeno

amores hei de encontrar*

ou no pico ou no fondo

ou no medio do lugar*.

Polo sol mándoche cartas

pola lúa saudades

polas estrelas do ceo

memorias que te regales.

5- Home mariño

Mide o número de sílabas que teñen os seguintes versos deste poema titulado "Home mariño", que pertence ao libro Mar de Lira (2005), do poeta Francisco Xosé Fernández Naval.

foto de pedra do litoral con forma de animal

O mar vestíu o día 7

de encaixes e de bisos

e na Mariosa*

virou o corpo dun animal tremendo

coma un mundo.

Daquela, alguén no Pedra Pas dixo que o mar

ten estas cousas,

que aquilo non era caldeirón, nin arróas

senón o home mariño que se conta nas fábulas,

o que quedou a vivir na beirada

namorado da serea do faro.

Habilitar JavaScript