Saltar navegación

A literatura polo camiño dos cantares

2.2.1-Figuras sintácticas (2)

 

Nesta páxina imos ver as seguintes: encabalgamento, epífora, hipérbato, quiasmo, reticencia e similicadencia.

Encabalgamento

O sentido completo do verso remátase no seguinte:

¡Alto da Lucenza

Formigueiros Montouto Pía-Páxaro

tesos cumes do Courel! ¡Pobos pobres

ardidos de tristura mouros e queimados!

(U. Novoneyra) 

Epífora

Repetición dunha palabra ou grupo de palabras ó final dun verso, dunha estrofa ou dun período.

guitarra

Comeza o pranto da guitarra.

É inútil calala.

É imposíbel calala.

(F. García Lorca)


Hipérbato

Desorde ou alteración da orde normal das palabras dentro da frase:

¿Quen no seu corazón non leva un arpa

que saiba das cancións

escoitadas do berce entre os arrolos

e na reixa do Amor?

Quiasmo

Cruzamento de elementos sintácticos do seguinte xeito: a b, b a.

Fillo de Celt, de Rou fillo”.

 

Reticencia

Figura que consiste en deixar unha idea sen acabar a nivel gráfico porque se sobreentende. Vai indicada por puntos suspensivos.

Deixo amigos por estraños,
Deixo á veiga polo mar,
Deixo, en fin, canto ben quero...
¡Que pudera non deixar!...

(Rosalía de Castro)

Similicadencia

Repetición das mesmas formas de flexión verbal ou nominal a xeito de rima (ou verbos cos mesmos tempos e persoa):

 “Ladrade, mordede, ride:

 onde haxa virtú, bicade;

 onde haxa vicio, feride

 (Curros Enríquez)