Saltar navegación

A literatura polo camiño dos cantares

2- As figuras retóricas

 
tres corvos nunha árbore espida

Acios de estorniños

chiadores

abrollaron nas árbores

maniñas*,

nun entre lusco e fusco

outonal,

de luares sen lúa

e raiolas sen sol.

*maniñas: aquí co significado de “sen follas”

Figuras estilísticas

debuxo de cinco bolboretas de diferentes cores

As figuras estilísticas son de varios tipos:

Figuras fónicas (1): aliteración, apóstrofe, exclamación retórica, interrogación retórica, onomatopea. (2): fonosimbolismo, paronomasia, sinestesia.

Figuras sintácticas (1): anadiplose, anáfora, asíndeto, epanadiplose, epanalepse, paralelismo e polisíndeto. (2): encabalgamento, epífora, hipérbato, quiasmo, reticencia e similicadencia. 

Figuras de palabra e do pensamento (1): antítese, hipérbole, personificación, comparación ou símil, metáfora e metonimia. (2): antífrase, antonomasia, alegoría, calembur, diloxía, ironía, lítote, oxímoron, paradoxo, sarcasmo, símbolo e suspensión.

Os cantares populares

Tamén basean a súa función poética en recursos líricos como o paralelismo, encadeamento, dicotomía, anáfora, antítese, metáfora, xogos conceptuais, etc.

Vai vai que te leve o demo,

vai vai que te vai levar,

vai vai que te leve o demo.

o martes de carnaval.