Saltar navegación

A literatura polo camiño dos cantares

1.5- A estrofa

E as estrofas, como son?

Os versos agrúpanse nos poemas de diferentes xeitos, seguindo a vontade do poeta ou, moitas veces, a moda da época.

A estrofa dominante nos cantares populares galegos é a copla (estrofa de catro versos octosílabos, ás veces hexasílabos, que riman en asonante nos versos pares). 

O mozo vento mareiro
funga un cantar esquencido
que chove frores nas leiras
entumecidas de frío.

Tipos de estrofa

Mapa conceptual cos tipos de estrofa

Observa: o refrán

Refrán ou estribillo: é un verso ou conxunto de versos que se repiten total ou parcialmente detrás dunha ou varias composicións:

A dama que ía no branco cabalo

levaba un pano de seda bordado

Na verde fror

as letras van de amor!

O cabaleiro do cabalo negro

levaba unha fita colléndolle o pelo.

Na verde fror

as letras van de amor!

(Álvaro Cunqueiro)

Caligrama

Os poemas non teñen que ter, necesariamente, unha forma tradicional. Os caligramas son versos ou composicións poéticas en que as palabras forman un debuxo intentando representar o contido do poema.

Observa este caligrama do poeta vangardista Manuel Antonio.caligrama Manuel Antonio

Para saberes máis de Manoel Antonio

Pon en práctica o aprendido. Exercicio 1

Poema Manuel Rivas

Este poema de Manuel Rivas consta de dúas estrofas. Segundo o número de versos, a primeira estrofa é un e a segunda un .

Habilitar JavaScript

2

Pregunta

Que tipo de estrofa é a seguinte?:

posta de sol entre montañas

¡Gol!

Polo field do ceo mareiro,

vai esbaratando o sol,

e horizonte, mal porteiro,

non pode parar o gol.


Eduardo Blanco Amor

Respostas

Cuarteto

Cuarteta

Retroalimentación

3

O soneto é unha das estrofas favoritas dos poetas. Componse de catorce versos de arte maior, xeralmente hendecasíabos e rima consonante, distribuídos en dous cuartetos e dous tercetos.

O trasgo Pepe Sisto Arou, a quen todos coñecían como “Sonsonetiño” (1), semella ser un poeta vocacional: “aprendera a ler e escribir había unha pila de anos en Soneto, o país secreto onde ían á escola os trasgos de Soneira. En Soneto as páxinas dos libros, as follas das libretas e as pantallas dos ordenadores tiñan decote catorce carreiros; nin un máis nin un menos…Por esa razón, Pepiño Sisto Arou sempre escribía en catorce”.

Eis un exemplo do que escribía Sonsonetiño:

debuxo carapuchiña e o lobo disfrazado de avoa

Carapuchiña,

capa vermella,

fonda canella,

vasta campiña.

 

Cal volainiña,

leva un pastel,

tarros de mel,

torta de piña.

 

Peluda orella,

dura pelella,

xacen no tobo.

 

Amargo fel,

negro tonel,

¡o feroz lobo!

 Fermoso, non si? Mais, qué característica do soneto non cumpriu o trasgo Pepe neste poema adicado a Carapuchiña?

catorce versos, arte maior, rima consonante, dous cuartetos, dous tercetos.

(1) García A., Babarro X., Sánchez G., Dolores M.: Para cantar e contar, Xunta de Galicia, 2003.

Habilitar JavaScript

4

Pregunta

Este é un poema tradicional ou vangardista?

ronsel de barco

Extraviáronse os pasos do Mar

nos vieiros do vento desertor

E perdeuse pola popa

desamarrado

o ronsel.

(Manuel Antonio)

Respostas

Tradicional

Vangardista

Retroalimentación