A literatura polo camiño dos cantares
4.3- Canto aprendiches? Rúbrica de autoavaliación

Rúbrica de autoavaliación do punto 4: O teatro.
|
|
sobresaliente |
Notable |
ben |
Suficiente |
insuficiente |
|
Curricular |
1-Comprendo os conceptos traballados e son quen de expresalos con detalle, de xeito ordenado e comprensible: -Elementos formais da dramaturxia.
2-Resolvo correctamente os exercicios propostos. |
1-Comprendo os conceptos, mais non son quen de expresalos con detalle, de xeito ordenado e comprensible: -Elementos formais da dramaturxia.
2-Resolvo correctamente a maioría de exercicios propostos.
|
1-Comprendo a maior parte dos conceptos, mais cústame expresalos de xeito ordenado e comprensible: -Elementos formais da dramaturxia.
2-Cústame realizar os exercicios propostos. |
1-Comprendo os conceptos principais traballando, mais non son quen de realizar os exercicios propostos de xeito autónomo. |
1-Non domino os conceptos nin son quen de realizar os exercicios propostos. |
|
TIC |
1-Utilizo os recursos e as ferramentas web sen dificultade pola rede.
2-Teño un dominio moi elevado das ferramentas TIC e dos procesos necesarios para a realización da actividade. |
1- Utilizo os recursos e as ferramentas web sen dificultade pola rede, mais en determinados casos cústame facelo adecuadamente
2-Teño un dominio alto das TIC e dos procesos que me permiten a realización das actividades. |
1- Utilizo os recursos e as ferramentas web, mais en determinados casos non sei empregalos correctamente
2-O meu dominio das ferramentas TIC e dos procesos asociados a esta actividade é medio, pero suficiente para a súa realización. |
1- Utilizo os recursos e as ferramentas web con certa dificultade e con formas non moi adecuadas.
2-Teño dificultades para usar correctamente as ferramentas TIC e os seus procesos para a realización das actividades. |
1-Cústame moito utilizar os recursos e as ferramentas web e non sei empregalos.
2-Non teño o dominio suficiente para usar as ferramentas TIC, nin coñezo ben os procesos que me permiten traballar as actividades. |
|
Traballo creativo |
1-Mostro moito interese pola creación de textos literarios propios. 2-Implícome en todas as actividades propostas, que se concretan en resultados de gran calidade.
|
1-Mostro interese pola creación de textos literarios propios.
2-Implícome en todas as actividades propostas, que se concretan en resultados de calidade.
|
1-Mostro interese pola creación de textos literarios propios.
2-Implícome nas actividades propostas e fágoas todas, aínda que os resultados sexan susceptibles de mellorar. |
1-Non mostro moito interese pola creación de textos literarios propios.
2-Non me implico nas actividades, o que se traduce en resultados de pouca calidade.
|
1-Non mostro interese pola creación de textos literarios propios.
2-Non me implico nas actividades, nin as realizo todas. |
|
Traballo colaborativo |
1-Asumo o meu papel sen interferir no traballo dos demais e aporto ideas ao grupo. 2-Implícome moito na posta en común (cantar, intepretar…).
|
1-Asumo o meu papel, mais ás veces tendo a interferir no traballo dos demais e aporto ideas ao grupo. 2-Implícome na posta en común (cantar, intepretar…).
|
1-Asumo o meu papel, mais tendo a interferir no traballo dos demais e aporto ideas ao grupo. 2-Ás veces implícome moito na posta en común (cantar, intepretar…).
|
1-Asumo o meu papel interferindo no traballo dos demais e non aporto ideas ao grupo. 2-Implícome pouco na posta en común (cantar, intepretar…).
|
1-Non asumo o meu papel e/ou interfiro no traballo dos demais sen aportar ideas ao grupo. 2- Non me implico na posta en común (cantar, intepretar…).
|
|
ENQUISA DE SATISFACCIÓN |
||
|
Nome: |
||
|
Valoración SI NON |
||
|
Gustouche a experiencia do teatro? Por que? |
|
|
|
Gústache traballar de xeito cooperativo? Por que? |
|
|
|
Coidas que melloraches a túa competencia comunicativa? |
|
|
|
Das seguintes, que cousas aprendiches? - Léxico específico do teatro - Recoñecer as características dun texto teatral - Analizar personaxes - Distinguir as partes dunha acción dramática - Traballar de xeito cooperativo - Escribir textos en lingua galega - A diferenzar rexistros lingüísticos |
|
|
|
Repetirías a experiencia? |
|
|
|
Cales son as maiores dificultades que encontraches?
|
||
Instrumentos de avaliación entre iguais
Cada grupo debe facer a avaliación doutro, de tal xeito que todas as “compañías” reciban despois da súa representación unha rúbrica que lles axude a facer autocrítica. O modelo proposto é o seguinte:
|
ESCRITURA E REPRESENTACIÓN DUNHA PEZA TEATRAL |
||||||
|
Título: Actores:
|
||||||
|
O TÍTULO ELIXIDO SI NON
|
||||||
|
É adecuado Recompila información importante da peza Elixiuse de forma cooperativa |
|
|
||||
|
O PROCESO DE ESCRITURA |
||||||
|
Fixéronse borradores Revisouse o texto Usáronse técnicas de recompilación de ideas Escribiuse de forma cooperativa Consultáronse dúbidas ao profesor /a Consultouse o dicionario para evitar erros lingüísticos O tempo empregado foi o recomendado |
|
|
||||
|
ADECUACIÓN, COHESIÓN E COHERENCIA |
||||||
|
Emprégase o rexistro adecuado para cada personaxe O obxectivo de cada intervención está claro A información é a necesaria As partes do texto están ben estruturadas (inicio, nó e desenlace) O texto ten a estrutura estándar dun texto teatral Respéctanse as normas ortográficas e gramaticais A elección do léxico é variada e adecuada |
|
|
||||
|
POSTA EN ESCENA |
1 |
2 |
3 |
4 |
||
|
A caracterización dos personaxes é a adecuada |
|
|
|
|
||
|
O vestiario e a maquillaxe son acordes aos personaxes |
|
|
|
|
||
|
A música emprégase de xeito adecuado e con algunha función |
|
|
|
|
||
|
A decoración é a axeitada |
|
|
|
|
||
|
Colaboración entre os compañeiros |
|
|
|
|
||
|
A proxección das voces foi a correcta
|
|
|
|
|
||