Glosario
Audiovisual
-
Definición:
-
Formato de comunicación que mestura son e imaxe.
-
Exemplo:
-
A mestra dixo que ía facer unha presentación audiovisual, con imaxes e son.
Correo electrónico
-
Definición:
-
Sistema de mensaxería a través de Internet.
-
Exemplo:
-
O meu enderezo de correo electrónico é xiana@pontevella.gal
Imprenta
-
Definición:
-
Establecemento onde se imprimen diferentes tipos de documentos en papel, tea ou outros soportes.
-
Exemplo:
-
Levamos á imprenta os carteis do noso festival de música.
Mapa mental
-
Definición:
-
Esquema para organizar os contidos de maneira gráfica.
-
Exemplo:
-
A mestra fixo un mapa mental para organizar a clasificación dos invertebrados.
Multimedia
-
Definición:
-
Utilización conxunta de sons, imaxes, texto ou vídeo e incluso interactividade nun só arquivo.
-
Exemplo:
-
Os libros dixitais son sistemas de comunicación multimedia xa que integran todo tipo de ficheiros e interactividade.
Nube de palabras
-
Definición:
-
Composición de palabras que pode ter diferentes formas.
-
Exemplo:
-
Na clase fixemos unha nube de palabras sobre o fondo dunha radio. Incluímos dez palabras.
Retroalimentación
-
Definición:
-
A retroalimentación é coma un "consello" ou "axuda" que recibes despois de dicir, publicar ou facer algo. A persoa que o recibe faiche saber que podes modificar e que podes cambiar para obter un resultado mellor a próxima vez.
-
Exemplo:
-
Na miña exposición oral na aula, os meus amigos dixéronme que podía falar máis alto e de forma máis pausada, así evitaría atrapallarme. (A retroalimentación é a palabra para explicar as correccións feitas polos amigos e polas amigas).


.jpeg)


.jpeg)
