Saltar navegación

3.1. Descubrindo os medios de comunicación.

 

Glosario

Emisora

Emisora de TV

Definición:

Lugar ou local dende o que se emite un programa.

Exemplo:

O centro da Radio Galega está cerca da nosa casa.

Entretemento

Xogar

Definición:

Cousas que facemos no noso tempo libre para divertirnos.

Exemplo:

Os nenos e as nenas necesitan moito tempo para o seu entretemento.

Escoita RadioPatio

A radio en Galicia desempeñou un papel importante na vida cotiá e da comunidade, ofrecendo unha programación variada que contribuíu a difundir a nosa lingua e a nosa cultura. 

Transcrición

Benvidos e benvidas a RadioPatio, a voz da nosa escola!

Hoxe tócanos falar de nós mesmas, da radio, da radio en Galicia.

A radio en Galicia desempeñou un papel importante na vida cotiá e da comunidade, ofrecendo unha programación variada que contribuíu a difundir a nosa lingua e a nosa cultura. 

Cumpriu tamén un papel moi importante ao informar das noticias que ocorrían no espazo máis próximo, é dicir,  a comunidade ou o propio concello. 

Agora mesmo temos emisoras públicas, sostidas con fondos do estado ou da comunidade autónoma e emisoras privadas que pertencen a empresas que buscan a rendibilidade económica.

A emisora de radio pública de Galicia é a Radio Galega que emite integramente en galego  e que ten varias canles con variedade de contidos.

As emisoras privadas acostuman a ter espazos en galego dentro da súa programación xeral.

A chegada de Internet fixo que o ámbito  no que se escoita unha emisora se ampliase: agora mesmo, a través de Internet ou dos podcasts, podemos escoitar as emisoras galegas en calquera parte do mundo. 

É a globalización!! E nesa globalización, grazas á radio, estamos no mundo. 

Ata a próxima oíntes de RadioPatio.

Despois de escoitar o texto elixe a resposta correcta.

Pregunta 1

A radio en Galicia desempeñou un papel importante na vida cotiá e da comunidade.

Pregunta 2

A través de Internet ou dos podcasts non podemos escoitar as emisoras galegas en calquera parte do mundo.

Pregunta 3

A emisora de radio pública de Galicia é a Radio Galega, que emite integramente en castelán.

Pregunta 4

As emisoras privadas acostuman a ter espazos en galego dentro da súa programación xeral.

Que imos aprender?

 A radio e a televisión

Imaxe que mostra unha radio e unha televisión

A radio e a televisión son medios de comunicación que transmiten información e entretemento.

As redes sociais

Imaxe que representa Internet cun globo terráqueo e unh ordenador ao lado

As redes sociais permiten ás persoas usuarias crear perfís persoais, conectarse con outras persoas e compartir contido, ideas e actividades.

A prensa

prensa

A prensa é un medio de comunicación que se centra na publicación de noticias, información e análise a través de periódicos e revistas.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)