Glosario
Quebracabezas
-
Definición:
-
Cuestión ou problema difícil e complicado.
-
Exemplo:
-
Non foi quen de resolver o quebracabezas.
Definición:
Cuestión ou problema difícil e complicado.
Exemplo:
Non foi quen de resolver o quebracabezas.

Ola radiopatioíntes, aquí estamos de novo para tratar de explicarvos ese quebracabezas no que a miúdo se converte o estudo da lingua. Colle o teu afialapis e prepárate para tomar nota de todo o que che imos contar!
Esas notas serán o paraugas que te vai protexer para non cometer erros á hora de elaborar o guión do teu programa de radio.
Escoitaches falar de palabras simples e compostas?
E de aumentativos e diminutivos?
Pois agora imos ver como empregar todo isto para darlle máis expresividade aos nosos textos e poder facer así un perfecto guión para os nosos podcasts!
Adiante!
Imos aprender o que son as palabras simples, compostas, aumentativos e diminutivos!
As palabras simples son aquelas que non poden facerse máis pequenas con significado propio
Por exemplo: casa, can.
As palabras compostas son aquelas que están formadas pola unión de dúas ou máis palabras simples.
Por exemplo: baloncesto, afialapis.
Utilízanse para expresar algo grande, esaxerado ou impresionante.
Por exemplo: golazo, casona.
Utilízanse para expresar algo pequeno, afecto, proximidade ou familiaridade.
Por exemplo: canciño, casiña.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0